Noticias: : Portal de traducións do Grupo Stellae
(Categoría: Pietic)
Enviada por PIETIC
mircoles 04 febrero 2009 - 12:57:46

Acabamos de activar na parte superior dereita de esta páxina un enlace dirixido ao Repositorio de Traducións do Grupo Stellae.
Aí aparece reflectido a nosa labor na tradución ao galego e castelán de moitos dos software que utilizamos habitualmente no traballo diario do proxecto.
Cabe destacar a tradución ao galego de algún software moi interesante desde unha perpectiva do coñecemento constructivista, phun e squeak, para facilitar e promover o seu uso na Comunidade Autónoma de Galicia. Pero tamén hai outras  ferramentas útiles en ensino, como é o caso do ELGG, Door, Superswiki2… As traducións están dispoñibles para a súa descarga. As últimas activadas son
  -ELGG 0.9 ao galego (pluggin folio, calendario, categorías, craptcha, nube de tags).
  -ELGG 0.9 ao castelán.
  -Squeak ao galego.
  -Squirrelmail ao galego.
  -Door ao galego.
Cedo activaremos a tradución do e107  e do nsis ao galego, que se atopan en proceso de revisión final.





Esta noticia proviene de
( http://stellae.usc.es/pietic/news.php?extend.33 )