Noticias: : Manual de Drupal 1.0
(Categoría: Pietic)
Enviada por PIETIC
martes 16 junio 2009 - 17:31:04

Druplicon.gif

No marco do proxecto Pietic presentamos o Manual de Drupal 1.0, unha ferramenta de xestión de contidos  (CMS, Content Management System),  que utilizan os centros educativos da nosa comunidade na elaboración das súas páxinas web.  
Drupal é un software que unido a unha base de datos e instalado a un servidor, permite a creación dun sitio web dinámico  no que é moi sinxelo participar e aportar información en forma de texto, imaxe, e ata audio e vídeo.
A través desta ferramenta o profesorado centra o seu traballo no uso educativo do espazo web, deixando de lado os aspectos técnicos que teñen que ver co mantemento e actualizacións…
Sen embargo, o desenvolvemento dun portal educativo sempre precisa  de  axuda  e  orientación. Este material pretende  ser un  apoio  ao  traballo  que  realiza  o profesorado para apropiarse dunha ferramenta que permita e posibilite tanto a comunicación  interna  como  a  súa  proxección  externa  cara  a  toda  a comunidade.
Entendemos que o presente documento non é un produto  final. É susceptible de  revisións  co  paso  do  tempo,  xa  que  como  todo  na  vida,  o  software evoluciona, pero tamén as necesidades dos centros. De aí a denominación que usamos, v 1.0, tan técnica, pero que abre irremediablemente o camiño cara ao cambio.

Xa está activo o enlace á descarga na sección de recursos.

Enviada por PIETIC [/html]


Esta noticia proviene de
( http://stellae.usc.es/pietic/news.php?extend.34 )