A Webquest e a Xeoquest

¿A que lle chamamo Webquest? Segundo a wikipedia esta é unha ferramenta que forma parte dunha enciclopedia para o traballo didáctico nas artes da moda que consiste nunha investigación guiada, con recursos principalmente procedentes de internet, que promove a utilización de habilidades cognitivas superiores, o traballo cooperativo e a autonomía dos alumnos e inclúe unha avaliación auténtica.

As Webquest foron desenvolvidas inicialmente na Universidade de San Diego (1995) por Bernie Dodge coa colaboración de Tom Marcha para axudar aos profesores a integrar o poder de Internet coa aprendizaxe dos estudantes. Normalmente involucran o traballo en grupo coa división de labores entres os estudantes, os cales deben tomar papeis específicos ou puntos de vista. Ademais constrúense con base a recursos preseleccionados polo profesor. Desta formar asegúrase que os estudantes inverterán o seu tempo en usar información, non en buscala.

Unha Webquest está composta por unha estrutura pechada, con partes definidas: introdución, tarefa, proceso, recursos, avaliación, conclusión e guía didáctica.

Estes son dous exemplos de webquest:

Unha das miñas dúbidas ao falar da Webquest é saber si realmente son efectivas para a aprendizaxe do alumnos/as, se estes se senten motivados e se os resultados obtidos, tras a realización deste tipo de exercicios, son positivos.

A continuación expoñerei os resultados dunha webquest aplicada a uns alumnos de 4º da ESO. Esta webquest denomínase Romeo and Juliet, neste documento explícase como se elaborou e como se aplicou, pero eu só vou a falar dos resultados obtidos. Ten como obxectivos que, a través da lectura de diversos textos na Web, os alumnos coñeceran mellor a vida de Shakespeare e a obra de Romeo and Juliet, estimulando así o interese pola obra.

Unha vez lido o informe puiden comprobar que neste caso os resultados foron moi positivos, e incluso mellor do esperado. O alumnado dicía sentirse moi satisfeito  e crían que aprenderan moito, ademais do sentimento de motivación que experimentaran co traballo.  

Continuando coa visita que nos fixo a alumna de maxisterio na pasa clase expositiva mecionouse tamén o termo Xeoquest. Buscando pola rede que significaba este termo atopei, na páxina de educared que cando falamos da Xeoquesta estamos a referirnos a un sistema que nos permite consultar e traballar datos que nos indiquen unha información espacial. As xeoquest foron creadas por G.T. Kalsbeek e J.J.J.M Beenakker e nacen principalmente coa auxe dos servidores dispoñibles da información espacial como os chamados webmappin: Google Earth, Google Maps, etc.

Como as Webquest as xeoquest tamén definen situacións de aprendizaxe estruturado como: busca dos datos, selección e interpretación dos mesmo, tratamento dos datos para acadar a finalidade da aprendizaxe e presentación da información, coas ferramentas e datos xeográficos dispoñibles en Internet.

Un exemplo deste tipo de web é:  A volta ao mundo en oitenta día http://www.xtec.cat/~jvivanco/80minuts/80minutos.htm

Pódese dicir que a xeoquest é un modelo con unha estrutura similar a webquest, pero tratan temáticas diferentes, mentres a primeira está centrada no ámbito xeográfico a webquest trata temas de moi diversa índole, dende a biodiversidade ata a clonación. Considero ámbas webs ferramentas moi útiles dentro dunha ámbito da educación, xa que son xeitos de traballar diferentes aos convencionais e motivadores dentro dunha clase debido a novidade e que implica empregar material virtual e non simplemente libros ou cadernos.

Referencias: