Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

FORMAS DE CULTURA ESCOLAR.

Lucía Reges Fernández.

FORMAS DE CULTURA ESCOLAR.

A cultura escolar foi un tema mencionado durante unha clase, debido a isto, busquei información acerca da cultura escolar, que é a forma de relacionarse que existe entre docentes. As páxinas web onde lin acerca de este tema son:

http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/126/cd/unidad_4/mo4_comprender_la_cultura_escolar.htm

http://fel.uqroo.mx/adminfile/files/memorias/Articulos_Mem_FONAEL_V/Dzul_Escamilla_Marisela_et_al.pdf

 

Son cinco as formas de cultura que están máis en auxe neste momento que vivimos. Por formas de cultura distinguimos as seguintes: el individualismo, la balcanización, el mosaico móvil, la colexialidade artificial e colaborativa.

O individualismo caracterízase polas situacións nas que os docentes actúan de forma illada co resto de profesores, polo que non existe ningún tipo de diálogo entre eles. Este á a forma de cultura dominante hoxe en día, e é vista por Hargreaves como a forma de traballar de persoas que son inseguras e ás que non lles gusta arriscar por medo ao fracaso ou ás críticas, polo tanto nesta forma de cultura predomina o traballo persoal e creativo.

A balcanización é unha forma de cultura que divide ao curriculum en áreas e aos docentes en subgrupos. Debido a isto é difícil o traballo, por haber entre os grupos propósitos común, xa que os subgrupos poden mostrar competitividade en algunhas ocasións e ter intereses diferentes.

O mosaico móvil, busca conseguir unha alta participación, maior rapidez nas respostas e que se establezcan unhas relacións fluídas entre docentes. Debido a esta búsqueda, é un modelo con flexibilidade organizativa.

A colexialidade artificial é unha forma de cultura que ten moi en conta a cultura imposta pola autoridade educativa, polo tanto intenta conseguir unha cultura máis elaborada. Por isto os docentes levan a cabo a súa labor educativa de unha forma superficial e subordinados ás pautas e directrices da administración. isto conleva a que se produce unha colaboración, pero que non é espontánea senón artificial.

A cultura colaborativa é un tipo de forma colaborativa baseada, sobre todo, nas relación expontáneas entre docentes, polo que existe colexialidade mostrando así actitudes de axuda, apoio, planificación conxunta e reflexión.

Baixo o meu punto de vista a mellor forma de cultura sería unha mestura entre a colexialidade artificial, xa que considero que é necesario un curriculum común para todo o territorio, xa que desta forma todos os alumnos de ese territorio os mesmos coñecementos das distintas materias. Pero, tamén considero que a educación non ten que estar centrada nin cerrada a ese curriculum elaborado pola administración e que cada profesor debe de introducir ampliacións do curriculum, adecualo a cada alumno, e ademais traballar de forma colaborativa co resto de docentes para así enriquecerse uns aos outros e mellorar as súas prácticas, tanto pola mellora de coñecementos como pola mellora na forma de traballalos na aula.