Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

TEAM- TEACHING

Lucía Reges Fernández.

TEAM -TEACHING.

O “Team-Teaching” é unha unidade instrucional dun centro educativo que combina a un grupo de profesores, os cales son talentuosos, con especializacións complementarias, un responsable do programa académico e de orientación, e persoal auxiliar aos mestres e estudantes. Esta unidade presenta unha serie de obxetivos como:

-          Mellorar a calidade da ensinanza e da orientación escolar.

-          O uso do tempo e talento dos profesores.

-          Aprobeitar na ensinanza a boa influencia beneficiosa da participación dos alumnos nunha “comunidade de aprendizaxe”.

-          Proporcionar ao estudante a percepción do significado global dos seus estudos e a interrelación dos mesmos, a través do “cruce interdisciplinario”.

Estas unidades organízanse da seguinte forma: a un grupo de estudantes asígnaselles un equipo de profesores que son os responsables do programa académico e da súa orientación. Este equipo reúnese diariamente e conta con un director de equipo que ten a función de coordinar todas as tarefas. Ademais, cada equipo tamén conta cun auxiliar que se ocupa, como por exemplo, das chamadas tarefas docentes suplementarias (repasos, correccións, etc.).

As vantaxes son:

-          Reunir a con facilidade a todos os alumnos.

-          É posible variar a metodoloxía e as técnicas de ensinanza (combinando debates, conferencias…)

-          Os profesores reúnense para poñer solución aos problemas que poden surxir.

-          A familia ten unha implicación e participación activa.

-          Á orientación aos alumnos é máis eficaz.

http://gerza.com/tecnicas_grupo/todas_tecnicas/team_teaching.html