Geoquest!

Acordádesvos que en entradas anteriores faleivos da exposición que tivemos por parte de Alba. Pois ben, como xa vos comentara tamén, foron moitos os aspectos que me chamaran a atención, algúns xa os resolvín anteriormente, e outro de eles vouno a intentar explicar ahora. Trátase do Xeoquest.

Como ben saberedes, para a realización de este blog temos a posibilidade de agregar a favoritos aquelas páxinas que consideramos relevantes e de gran importancia para a nosa investigación e traballo individual. Pois ben, decidín indagar sobre este concepto en algunha de esas páxinas, e cal foi a miña sorpresa ao descubrir que este termo aparecía perfectamente explicado. Trátase de EducaRed, unha páxina moi moi completa.

As xeoquests foron creadas por dúas persoas :  G.T. Kalsbeek y J.J.J.M Beenakker. A súa función principal é a de consultar e traballar aqueles datos que nos indiquen unha información especial. Denomínase este proceso como de " xeointeracción", por estar basado en datos xeográficos e en accións interactivas dentro da rede. Estas interaccións implican tarefas como : buscar datos, seleccionalos e interpretalos, facer un tratamento dos mesmos para alcanzar a finalidade de aprendizaxe e presentar esa información.

Hai varios tipos de xeoquests : xeoquest básica ( actividade de aprendizaxe basada no uso directo de ferramentas Web, na cal os alumnos siguen unha proposta de traballo marcada e organizada por medio de cuestionarios) ; xeoquest estándar ( é un lugar de aprendizaxe semiaberto, posto que a primeira parte de actividade é similar á xeoquest básica);  xeoquest complexa ( posee un nivel de complexidade moito maior con respecto ás tareas que se van realizar e sobre os coñecementos previos necesarios para abordalas, posto que se amplian as fontes de información e búscase en sitios webs mais complicados) ; e por último o xeoquest aberto ( neste espazo permítese que os alumnos elaboren o seu propio material partindo de un problema de investigación xeográfico e da estructura do traballo).

Non podo olvidarme tamén de comentar que os Xeoquest teñen como referente principal os Webquest.

Que vos parece esta forma de de aprendizaxe? Creo que poden resultar moi enrriquecedoras para todos nós. Non obstante, non o vexo aplicable para levar a cabo nun colexio, pois paréceme de dificultade para os nenos/as. A pesar de eso, non me sorprendería que os nenos dominaran este recurso, pois xa con outros programas dos que falei aquí anteriormente, os nenos utilízanos con mais facilidade que os adultos.

Por último deixovos o enlace da páxinda de donde quitei esta información por si a queredes consultar : http://www.educared.org/global/premiointernacional/geoquest