Rodrigo

Non é posible describir de xeito breve a alguén tan magnánime coma min

Consumo e conciencia

Por Rodrigo

Temos a idea (non sei si subconsciente) de que todo o relacionado coa tecnoloxía actual está asociado a unha imaxe de innovación, progreso, futuro... e que hai unha barreira entre o mercado das empresas tecnolóxicas e o resto, xa que temos tamén a idea de que nesas empresas se traballa a gusto, se cobra ben, e se cubren todas as expectativas que un traballador debería ter nun oficio. Conscientes diso, son esas mesmas empresas as que publicitariamente inciden en que sigamos a pensar eso: Becouse change happenz!!! Move your Mind!!! Imposible is nothing!!! e unha moi especial como THINK DIFFERENT!!!, da marca APPLE. Si, esa marca sensible, emocional, carismática e esperanzadora, vende a súa imaxe de xeito impecable, e incluso consegue que a imaxe do seu defunto líder se alce na historia como se dun líder relixioso de masas se tratase.

Pois esa mesma empresa é a que se despreocupa durante varios anos das persoas que forman parte da súa árbore productiva, e ignore que moitos dos seus traballadores sufran e padezcan penurias e maltratos laboriais de tal xeito que esa esperanza (que apple tanto venera) sexa a primeira á que renuncien algúns dos seus obreiros e chegen a suicidarse. Pero máis alá de centrarme na crítica empresarial, extendo a crítica ó fin da cadea: os usuarios.

Somos consumidores conscientes a pesar desas informacións que nos chegan (en pequenas dosis e moi de vez en cando) sobre estas prácticas?

Eu creo que rara vez o somos (e inclúome). Cando lees unha noticia deste tipo pasas 10 minutos sentíndote mal contigo mesmo, e cagandote no máis sagrado das inxustizas, pero o problema real é precisamente que o cabreo che dure 10 minutos.