Recortes das plantillas docentes

A seguinte ligazón correspóndese cunha nova que encontrei na versión electrónica de El País (11-maio-2012) sobre como o aumento das ratios e da xornada lectiva do profesorado leva implícito un descenso máis que considerable no número de docentes.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/11/andalucia/1336762505_200199.html

recortes educación

Os datos correspóndense á comunidade autónoma de Andalucía, pero creo que quizais poidan ser extensibles ao resto de comunidades.

Persoalmente, opino que con este tipo de medidas non imos cara a ningures e como sigamos nesta liña vexo á educación pública sen ningún tipo de presenza na sociedade do futuro.

Os meu sentimentos sobre esta cuestión resúmense unha soa palabra: impotencia. Impotencia de ver como ao Goberno lle da igual o número de manifestacións, opinións e persoas que se mostran en contra destes recortes.

Creo que tanto do ministerio de educación como o de sanidade deben de revisar o persoal que teñen contratado como asesor xa que dende o meu punto de vista esta xente non está dando os mellores “consellos” de sobre como se debe facer fronte á crise.

Digo isto porque creo que con estas medidas que están aconsellando o único que van a lograr é que a crise non se acabe e que o Goberno non sexa reelixido.

Un saúdo

Damián Varela

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/05/11/andalucia/1336762505_200199.html (consultado o 11-5-12 ás 22:00)