Aplicacións educativas

Hoxe, despois de ver varias noticias relacionadas con distintas aplicacións para móbil ou tablet decidín profundizar un pouco no tema xa que existen todo tipo de aplicacións e é un mercado en continuo desenvolvemento; podémonos atopar desde unha sinxela app que sirve para facer unha lanterna co teu móbil ata unha información metereolóxica completa ou como esta nova aplicación que interesará no outono a todos os afeccionados galegos  á micoloxía:                                                                                              http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vidadigital/2012/05/12/aplicacion-movil-identifica-setas-galicia/0003_201205G12P27991.htm

Se agora entramos en calquera programa para descargar aplicacións como pode ser Blackberry App World ofrécenos moitas temáticas diferentes, poño este exemplo porque é co que conto e ao que teño accesibilidade. Unha das categorías que nos aparece é Educación, dentro de Formación e Referencia,  navegando podemos atopar diferentes aplicacións de universidades na súa maioría estadounidenses, que xa sabemos que foron os pioneiros de introducir ordenadores nas aulas, como xa vimos en clase, destacando a compañía Apple, que tamén hoxe en día é a que máis aplicacións nos ofrece pero para os seus produtos tanto iphone como ipad (http://www.apple.com/es/education/apps/) pero tamén existen moitas máis posibilidades como a táboa periódica, test de conducir ou aplicacións para aprender outros idiomas e traductores.

No caso de Apple, na súa páxina web preséntasenos varias aplicacións moi interesantes, desde unha simple aplicación para practicar sumas e restas ata unha visión do corpo humano moi profesional. Tamén nos presentan unha plataforma ideal como o Ipad ou podería ser calquera tablet que complemente o traballo e as actividades que se realizan nunha pizarra electrónica. Tamén son actividades que poden formar parte do ocio, xa que todas son moi entretenidas. Paréceme unha forma moi motivadora de aprendizaxe porque a maioría dos rapaces e rapazas sempre queren utilizar as novas tecnoloxías e así repasarán as cousas que traballan nunha aula tradicional. Pero tampouco podemos esquecernos de que Apple é unha empresa privada e que o seu fin é vender.

Facendo unha búsqueda na rede tamén podes atopar outra clase de aplicacións educativas gratuítas para utilizar no ordenador, atopei dúas páxinas especialmente interesantes pola cantidade de alternativas que ofrecían pero ningunha é moi vistosa, o deseño das webs non é nada atractivo e conteñen publicidade.

http://www.aplicaciones.info/

http://www.aplicacioneseducativas.net/

No caso da primeira web ten partes moi interesantes pero tamén ten outras para nada educativas, ofrece contidos interactivos e tamén para imprimir. Está creada por un licenciado en Pedagoxía e autorizada polo Ministerio.

Na segunda web ofrécense enlaces a outras páxinas, a maioría en catalán e moitas xa vistas en clase, é moi fácil de utilizar e ten aplicacións moi entretenidas, incluso contén varias sobre educación ambiental.

Estas aplicacións están ao alcance de todos e, na miña opinión, son un recurso moi útil para todos, non so nenos, parécenme especialmente interesantes tamén para a alfabetización dixital dos nosos maiores porque teñen temáticas que a todos nos interesan como a xeografía e son moi intuitivas polo que as persoas maiores estarían máis motivadas para logo seguir ampliando o seu aprendizaxe.


Comentarios