Primeiras impresións

Levamos arredor de dúas semanas de clase, e a día de hoxe aínda non teño moi claro a miña opinión sobre a tecnoloxía. Rodea toda a nosa vida, transforma as nosas relacións, as persoas, as actividades cotiás, etc.
A súa influencia é tan ampla (e en certo modo tan confusa) que resulta realmente difícil elaborar un criterio sólido sobre a realidade tecnolóxica que nos rodea.

Non obstante, esta nova materia sobre as tecnoloxías e a educación removeu e despertou certas cuestións que ata o momento non me cuestionara, como por exemplo, o cambio da relación do espazo tempo e a concepción dunha vida onde a subxectividade é quen marca a tendencia e inflúe nas chamadas "innovacións disruptivas". Resultan conceptos que a primeira vista son realmente complexos e custa compredelos.


Por iso, as clase que tivemos hata o momento foron de gran axuda para reflexionar sobre, hata que punto coñecemos as tecnoloxías? Somos nos quen as controlamos a elas? ou son elas a nos? Pero o que é mais  importante, preguntarnos como estas poden converterse nas nosas aliadas para educar nesta nova sociedade da información masiva ou dende un punto de vista un pouco pesimista, da desinformación.

Persoalmente creo que aínda nos queda un longo camiño (que non para de cambiar) para comprender realimente a complexidade destes novos conceptos que definen a nosa realidade. Considero que esta signatura pode axudarnos a elaborar unha opinión crítica o respecto, dende unha perspectiva interna e externa sobre o avanze e a evolución da tecnolóxia hoxe, no pasado e no futuro.