Lucía Reges Fernández

leda, risueña, divertida, forte mentalmente, comprensiva, empática, impulsiva, tímidísima, asesora...

EXPERIMENTO DAS BATAS BRANCAS.

Lucía Reges Fernández.

Coas batas brancas fixemos o experimento. A profesora Lourdes Montero propuxo realizar o seguinte experimento. Tratábase de poñer o powepoint  de Antonio Novoa, que a miña compañeira Aida subiu ao seu portafolios días antes a esta clase do 10 de maio, e interpretar cada diapositiva, realizando hipóteses sobre o que quería representar cada unha. Pero, Imaxinariamos ben? Faríamos ben esas hipóteses sobre o que viamos en cada diapositiva do powepoint?

O powerpoint resultoume moi difícil de comprender e resultoume difícil a tarefa que propuxo Lourdes. Algúns comentarios que fixeron os compañeiros da aula son os mesmos que os que eu tamén cría, pero outras ilustracións non as comprendería sen axuda de algún comentarios dos compañeiros. Creo que Lourdes Montero nos propuxo esta actividade para que nos déramos conta da importancia do contexto, un tema sobre o que falamos nunha clase. Así, puidemos comprobar que simplemente con frases illadas ou imaxes non podemos sacar ningunha dedución fiable, e que para confirmar unha hipótese é necesario corroborala informándose, estudando e facendo unha investigación en maior ou menor medida.