Sociedade do coñecemento e da información

Unha vez rematada a explicación do programa da materia, reflexionamos acerca duns mapas de internet que representaban por medio de cores e liñas as conexións á rede a nivel mundial. Esto foi algo novedoso para min pois descoñecía a existencia deste tipo de mapas.

Vimos como existen fortes desigualdades entres os países en relación ó acceso a tecnoloxía (internet, TICS,..) sendo os países do norte os principais beneficiarios desta. Estas desigualdades conducen a un certo analfabetismo e fan máis patentes as distancias económicas e culturais entre os países ricos e pobres. O que está claro é que as tecnoloxías son un feito imparable na sociedade actual e pódennos producir numerosos beneficios pero tamén poden dar lugar a exclusión da poboación que non está inserta no desenvolvemento tecnolóxico (véxanse os países máis pobres).

No video que puidemos visionar expoñíase a idea de que ”vivimos nunha sociedade do coñecemento”, é dicir, nunha sociedade na que os individuos debemos adquirir ou apropiarnos de xeito autónomo da información para alcanzar una maior desenvolvemento persoal. Dita sociedade, na que o coñecemento é o factor clave, pódese caracterizar polo emprego masivo das tecnoloxías da información e da comunicación, a difusión de información a través de distintas redes así como pola innovación tecnolóxica.