Reflexións...

Quizais despois de 2 meses construíndo este blog, e ahora que chegamos ao remate do curso, é hora de reflexionar sobre aquelo que estivemos facendo en él.

Debo decir que nun principio a idea do blog non me entusiasmaba demasiado, o medo ao desconocido e a non verme capaz de construír a miña propia aprendizaxe de esta maneira.

Nun principio a confunsión era máxima, pero pouco a pouco o medo foi deixando lugar á confianza e á perseverancia en levar a cabo un traballo que realmente fora productivo para min, e para aqueles que o foran ler.

Todos e cada un dos conceptos e aspectos tratados no blog, podo decir definicións personalizadas sobre os mesmos, a miña opinión, e mesmo algún autor-creador dos mesmos. A búsqueda de información e a súa análise é outra fonte de aprendizaxe, de algo que queda para nós sin necesidad de dedicarlle tempo para estudiala.

O blog ofrécenos moitas posibilidades para os procesos educativos. Estimulanos para intercambiar ideas, escribir, diseñar, traballar en equipo ou individualmente, visualizar de maneira instantánea aquelo no que imos traballando,etc..Ademais, permítenos enrriquecer o noso propio proceso de aprendizaxe coa posibilidade de mellorar os nosos contidos académicos incluíndo vídeos, artigos, sonidos, animacións, imaxes, etc...

Para min foi unha experiencia positiva e productiva. Vexo o blog como un recurso viable para aplicar nos procesos de ensinanza-aprendizaxe, pois ademais de resultar motivante para os alumnos, constrúen o seu propio proceso ao seu ritmo, e facendo as súas propias reflexións sobre o mesmo.

Como está sendo esta nova forma de aprendizaxe co blog para vós? Era a primeira vez que traballabades nunha materia con este recurso?