Facebook: niveis de usos e dependencia.

Despois de falar noutra entrada do meu blog sobre a dependencia que temos actualmente das tecnoloxías, decidín profundizar un pouquiño máis e pararme no caso das redes sociais, máis concretamente no Facebook. Despois de consultar varias investigacións ao respecto verifiquei datos como que a maioría das persoas que empregan estas redes teñen menos de 24 anos. Así tamén, nesta investigación, agrúpanse aos usuarios en 5 niveis:

1. Socializadores alfa (minoría): persoas que empregan os sitios sociais intensa e brevemente para coñecer a outra xente e divertirse.

2. Buscadores de atención (máis numerosos): persoas que crean os seus perfís, publican fotos, etc. na procura de atención e comentarios dos demais.

3. Seguidores (maioría): persoas que se conectan ás redes sociais para seguir a actividade dos seus coñecidos.

4. Fieis (maioría): persoas que usan as redes sociais para reavivar vellas amistades (a menudo do colexio ou da universidade).

5. Funcionais (minoritarios): xente que usa as redes sociais máis ocasionalmente, para propósitos máis concretos e particulares, p. e. seguir a un grupo musical.

En canto aos non usuarios, entrarían nun dos grupos seguintes según os seus motivos:

1) Preocupación pola seguridade: persoas ás que non lles gusta publicar información persoal.
2) Inexperiencia técnica:fáltalles confianza no uso dos ordenadores e de Internet.
3) Rexeitamento intelectual: non lles interesan as redes sociais e venas como unha pérdida de tempo.

A seguridade e a privacidade, sen embargo, non parecen preocupar demasiado aos que sí son usuarios das redes, según os datos de este estudo. Cerca da metade deixan o seu perfil aberto para todo o mundo. Unha cuarta parte publicaron datos sensibles (número de teléfono móbil, a súa dirección postal, etc). Tamén é relativamente frecuente publicar fotos que poidan danar a reputación de un ou aceptar como "amigos" a descoñecidos.

Cónstame que a maioría dos alumnos de Tecnoloxía Educativa tendes Facebook, Tuenti... Despois do visto, a miña pregunta é: en que nivel vos situades vos? Estaría ben que cada un de nos fixésemos unha valoración persoal para ver o noso grao de adicción a este tipo de redes sociais ou para saber con que fins as usamos.

 

Fontes consultadas:

http://cent.uji.es/octeto/node/2115

http://es.scribd.com/doc/51194253/NIVEL-DE-USO-DE-FACEBOOK