E-learning

Hoxe falaremos sobre unha modalidade de aprendizaxe que na actualidade está tendo cada vez unha maior relevancia entre as personas que por diferentes cuestións, queren realizar uns estudos a distancia de xeito on-line.

O e-learning é un modelo de formación a distancia que utiliza Internet como ferramenta de aprendizaxe. Este modelo permite ao alumno realizar o curso dende calquera parte do mundo e a calquera hora. Con tan só un ordenador e conexión a Internet, o alumno pode realizar as actividades interactivas planteadas, e pode acceder á información necesaria para adquirir coñecemento, recibe axuda do profesor ( que en menos de 24h. dalle resposta ás preguntas que os alumnos lle envían), avalían o seu progreso, etc...

Os cursos ofertados en esta modalidade permiten adquirir capacidades relacionadas coa industria, no ámbito da tecnoloxía e da xestión.

A min persoalmente paréceme unha forma de aprendizaxe moi boa para toda esa xente que non pode asistir a clases, ou que persoalmente prefíre facelo deste xeito. Ademais, a pesar de que o contacto co titor non é de xeito directo, si teñen unha comunicación constante e mesmo diaria, recibindo as respostas ás súas preguntas en menos de 24 horas. Para min son moitas mais as ventaxas que proporciona esta enseñanza, que os inconvintes que poida ter ao non ter contacto directo co titor, etc...

Que vos parece a vós este tipo de enseñanza? creedes que son mais as ventaxas que proporciona que os inconvintes?

http://www.uoc.edu/rusc/3/1/dt/esp/cabero.pdf

http://www.imh.es/elearning-es/que-es-elearning/