El trabajo colaborativo del profesorado como oportunidad formativa

Tras a lectura do documento titulado "El trabajo colaborativo del profesorado como oportunidad formativa" de Montero (2011), gustaríame reflexionar sobre unha apreciación persoal xurdida en razón a el.

Considero que, tal e como di Montero, as palabras colaboración e cooperación no sistema educativo se utilizan de maneira indistinta, e o certo é que son dúas palabras que van na mesma dirección: o traballo conxunto de varias persoas.

Aínda así, e dende a miña experiencia, considero que nos centros educativos prima a cultura da colaboración. Explícome. Se un mestre precisa a axuda dun compañeiro do centro na realización dunha tarefa e o fai saber, o resto de compañeiros axúdanlle, deixanlle materiais, danlle consellos, prestan exemplo, etc.

Mais a verdadeira cultura de cooperacion debe nacer dun traballo conxunto dos profesiosionais do centro, co fixamento de unhas metas comúns e non nacer dunha petición individual e puntual que moitas veces se toma a título persoal, máis que entender que vai en beneficio de toda a comunidade educativa.

Outro aspecto que me fixo pensar este texto é a frase que nos dí que " a educación xa non é patrimonio exclusivo dos docentes senon de outros profesionais e da comunidade, o que esixe novos modelos relacionais e participativos na práctica educativa"

Isto implica claramente a apertura dos centros educativos á comunidade dunha maneira real, e dende o meu punto de vista aínda que documentos oficiais e gran cantidade de teoría o avalen, na realidade a apertura é meramente ficticia. As persoas que están nun centro educativo teñen reparos á hora de traballar con persoas externas. Cando esta circunstancia se da, trátanse a estas persoas como expertos, ou como inexpertos, pero nunca como iguais que poden cooperar de maneira activa con eles para o beneficio dos alumnos, do centro educativo e da comunidade próxima ao fin e ao cabo.

Individualismo, aislamiento e secretismo son tres palabras que utiliza Montero e que definen con claridade cal e o punto de partida dos asesores nos centros educativos. Pero como axentes de cambio que define esta profesion debemos traballar duro para tentar lograr unha cultura de colaboración autentica, baseada na confianza, no apoio mútuo e na comprensión.