"Cien años después. El regreso de los profesores."

Voume adiantar un pouco na minha sucesión de feitos acaecidos para facer esta entrada adicada ao noso último día de clase, o pasado mércores 9 de maio.

Na clase anterior, a profesora advertiranos de que iamos ser suxeitos dun experimento. Na clase propia do experimento cheguei un pouco tarde, asique non podo saber se houbo algunha outra explicación.

Si cheguei a tempo para a explicación e reparto de roles, parece ser que vai haber dous roles, cinco persoas que serán os críticos  e o resto serán os suxeitos do experimento.O reparto de roles consiste nun sorteo. A profesora elixe cinco números ao azar, nos iremos dicindo os números que ela elixiu ata que saian os cinco, a persoa cuxa ficha no arquivo da profesora coincida en orde co número elixido será un dos afortunados elixidos.

Por ser a primeira nese ficheiro, saio de primeira, o número un. Despois saen Andrea Fernández, Patricia Dávila, Sonia Figueira, e o número que nunca se dixo, o 45 e que quedamos coa dúbida de quen sería. Todos os demais son suxeitos. 

Paréceme entender que os críticos non debemos centrarnos tanto no video como no nas reaccións dos nosos compañeiros ao mesmo, os seus comportamentos e que debemos reflexionar a qué se deben. Mentres tanto os suxeitos deben apuntar ou expresar o seu parecer a un powerpoint que imos a visualiar.

Como para min é imposible reflexionar e observar sen tomar apuntes, igualmente collín un rexistro das ideas que apareceron na clase, que adxunto nun documento a esta entrada do blog. Este documento non é unha recollida de datos imparcial, xa que como na clase non podía participar no debate, engadín á recollida de datos as miñas propias ideas. Algunhas destas ideas fan referencia a ideas expostas polos compañeiros, non é a miña intención ofender a ninguén, de xeito que espero que ninguén se considere atacado. No caso de ser así, pídolle desculpas de antemán.

El regreso de los profesores

Empezamos o experimento ás 17.55

O primeiro que se entende é que non hai ningún comentario ou presentación sobre o powerpoint por parte da profesora, co cal os suxeitos deben sacar as súas propias conclusións non só sobre cada imaxe que apareza, senón sobre qué vai en xeral o documento.

Unha vez aclarado este punto, detallo as minhas reflexións ao longo da clase:

- Atópamonos nunha situación moi forzada, hai que presionar para que os suxeitos den a súa opinión sobre o que ven, pois a información aportada non incita ao debate. Custa moito chegar a conclusións, incluso estando nun grupo grande, no que podería haber máis variedade de opinións.

- Teñen que interpretar información ambigüa, o cal é cansado e non aporta beneficios, xa que nunca se confirma se a interpretación é correcta ou non dun xeito satisfactorio. Isto fai que os suxeitos perdan a atención, se distraian con facilidade ou que simplemente "pasen" do powerpoint.

- Cando aparece información no Powerpoint, atópase formando un "amasijo", que non di nada en si mesmo sen unha interpretación ou explicación, sen alguén que te guíe na dirección axeitada, na dirección á que se dirixe o documento. Este "amasijo" de información pode ser interpretado de tantos xeitos que non é útil se non se lle atopa un punto comén.

- Obsérvase tamén que sorprendentemente canta menos información se da, máis comentan os suxeitos, xa que resulta máis fácil divagar, expresar ideas que moi probablemente non tenhen absolutamente nada que ver co tema sobre o que vai o propio documento. Pola contra, se hai moita información, os suxeitos non opinan, o cal pódese deber a que é máis problemático ser crítico e divagar nun texto ben documentado. (Tamén pode ser que a calidade de imaxe permitía ler ben os textos curtos, pero era case imposible ler os que eran moi longos)

- O obxectivo do experimento creo que é reflexionar sobre a importancia dos comentarios críticos, de analizar as cousas que queremos compartir cos demais, non limitarnos a publicalas, senón poñerlles unha cara, un sentido. Vendelas de algún xeito.

En conclusión, eu diría que esta clase ten duas vertientes de reflexión. En primeiro lugar, a nosa propia rede social, onde tantísimas veces a profesora nos pediu que fosemos críticos co material que subimos. Un documento en sí mesmo non di nada se non está ben presentado. Un documento como o que nos presentou na clase pode ser absolutamente inútil se non ten un comentario crítico reflexivo que o acompañe.

E na outra vertiente, temos a propia do Powerpoint "El regreso de los profesores". Creo que este regreso non fala so do regreso a nivel histórico en importancia, tal e como se describía no Powerpoint, senón que no noso pequeno experimento ven a resaltar o valor intrínseco do profesor. Unha figura que te guía a través dunha evolución, dun descubrimento. Que te axuda a non divagar por rutas sen saída. 

Tense comentado moitas veces que a figura do profesor podía desaparecer, dado que a enormidade de información que está hoxe en día ao alcance dos cativos, nunca poderá sen abarcada por unha soa persoa. Pero a figura do profesor, do bo profesor, nunca foi (e se nalgún caso foi asi, é unha vergonza e claramente non é un bo profesor) unha mera gravadora de información. Sempre foi a figura que guiaba e compañaba no crecemento, no descubrimento, análise e reflexión sobre a información. Este experimento demostra mellor que calquera outro que a figura do profesor non corre perigo na sociedade da información.

A profesora remata o experimento plantexando unha pregunta: "Cando subimos algo á rede, ¿qué sentido ten para nós?" Eu teño claro cal é o sentido que ten para min todo o que subo, e creo que mais ou menos sempre o relaciono co tema do que estou falando. De todos xeitos, despois de esta clase creo que me pensarei moito máis os documentos que subo, despois de todo non creo que o obxectivo desta asignatura sexa "engordar unha lista de documentos relacionados co asesoramento", senón máis ben facer unha reflexión crítica sobre documentos puntuais e significativos.  

Espero non terme equivocado moito na miña observación. ;)

Comentarios