Coñecemento aberto

Na clase interactiva de hoxe comezamos falando do “Coñecemento Aberto” entendido como o conxunto de recursos educativos dispoñibles que permiten as persoas acceder libremente a ferramentas necesarias para construír o seu propio coñecemento en calquera momento e lugar. En relación a isto coñecemos novos buscadores de información así como técnicas para procurar información de xeito máis eficaz.

Enlazando co tema anterior introduciuse un termo novo para min as “ Creative Commons” que se poden definir como licencias outorgadas ós autores para compartir traballos. Despois de coñecer o significado deste termo dinme de conta de que durante este tempo estiven manexando recursos (documentos, imaxes, videos,..) de forma ilegal xa que non se poden utilizar os recursos existentes na rede como nos veña en gana. Previamente, debemos observar se contan con algún tipo de licencia e se o autor autoriza a súa utilización. De ser así, debemos facer referencia a estes recursos nos nosos traballos.

Penso que este tipo de licencias son beneficiosas porque nos permiten utilizar de xeito libre e gratuíto o traballo levado a cabo por outros e o mesmo tempo recoñecer a cada autor o traballo que realizado.

Para concluír, esta sesión serviume para aprender distintas estratexias para procurar información así como para aprender a usar correctamente recursos que me poden proporcionar os demais usuarios.