Colexio Cervantes, premio ao mellor blog según Voz Natura

O blog ganador: http://blogs.voznatura.es/cprcervantes/

Sei que non nos debemos subir demasiadas noticias pero esta é realmente importante para min, porque o colexio Cervantes foi o meu colexio, síntoo meu porque sei que cada un dos alumnos e profesores que pasaron, pasan e pasarán por el así o senten tamén.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2012/05/14/colegio-cervantes-gana-premio-mejor-blog/0003_201205G14P259910.htm?utm_source=feedburner&utm_medium=feed&utm_campaign=Feed:+lavozdegalicia/nzFP+(La+Voz+de+Galicia+|+Portada)

Contextualizando o centro pódovos dicir que é un colexio moi pequeno e familiar, xa que moitos dos profesores que nel traballan pertencen a mesma familia e ao mesmo tempo acollen a cada familia de cada alumno e alumna formando unha comunidade escolar moi unida, so conta cunha aula por curso e os espazos son bastante limitados, hoxe en día cambiou a como eu o recordo, supoño que a aula que se ve coa pizarra dixital é a aula onde tiñamos o vello reprodutor de vídeo e a tv.

Logo de analizar detalladamente o blog podemos observar as múltiples vantaxes que nos ofrece este medio. Esta mestra fai ver todo o que sucede na súa aula, podendo outros centros tomar as mesmas iniciativas e tamén facilitando á comunidade escolar, especialmente a pais e nais, ver os proxectos nos que traballa o alumnado do centro.

Se poñemos especial atención á temática do blog, a educación ambiental, este está facendo unha labor de concienciación moi importante porque así o traballado pode saír das paredes da aula facendo que todos aprendan e informando sobre outras iniciativas ou outras actividades que teñen lugar de portas afora do centro.

Esta ferramenta tamén me parece moi positiva á hora de poder xuntar escola e familia, o que é un punto clave na educación, porque a súa existencia implica e facilita ás familias a estar máis en contacto co realizado no centro e a aprender cos seus fillos creando un contexto educativo non contraditorio entre a escola e o fogar. Favorece claramente a relación de comunicación entre familias e o centro polo maior coñecemento que se da, facilitando a cooperación das familias, como un exemplo que podemos ver en varias entradas o blog (exemplo: http://blogs.voznatura.es/cprcervantes/2012/03/21/celebramos-o-dia-mundial-del-arbol/).

Unha comparación como última reflexión, cando eu estaba no Cervantes, aproximadamente unha década atrás, tamén tiñamos charlas informativas sobre o reciclaxe onde nos traían diferentes materiais en diferentes procesos de reciclado e ao chegar a casa podíallo contar a meus pais como anécdota do día pero hoxe en día, coa entrada o blog, a parte de que o pode saber máis xente, tamén a profundidade no tema é moito maior, chegando a “educar” ás familias (ou igual estou sendo demasiado positiva?).