Nativo e inmigrante dixital: unha reflexión persoal que trata de reabrir o debate

Trala clase de onte e logo de poder reflexionar acerca destos conceptos que se nos presentaron, Nativos e Inmigrantes dixitais, o meu pensamento plantexa esta alternativa para tratar de comprender ao autor e conceptos: 

Por unha banda, dame a impresión de que o autor non trataba de falar da excepción, senon da norma e case todos os casos contrarios dos que se falaron na aula o martes 11 trataban na súa maioría da excepción. Podemos atopar inmigrantes dixitais que manexen á perfección as tecnoloxías, isto é certo, pero non é unha norma que se desligue do estudo dos coñecementos das persoas senón unha excepción. Por norma xeral, case sempre se desenvolverá mellor cos medios dixitais alguén nado a partir dos anos da explosión das NNTT. Aquí sí quero introducir unha categorización e é a seguinte: non penso nin que poidamos fixar unha data entre a cal separar a nativos de inmigrantes e tampouco creo que esa data conteña valor universal, é dicir, que en todo caso atoparíamonos con que cada país ten un rango de anos nos cales se introducen as novas tecnoloxías ou no cal se produce a explosión delas pero nunca se trata de un só ano e nunca ese mesmo ano ten validez universal para a diferenciación entre nativos e inmigrantes.

 

Por outra banda coido que o autor non estaba a falar solo de control e manexo das NNTT senón que estaba falando de sentimento de pertenza, de categorización e de caracterización xeracional. 

 

Para entender mellor a miña postura vou recurrir a un exemplo cercano, real e que nos leva un paso atrás na significación e sentido dos termos “nativo” e “inmigrante”:
Vivo nunha vila de mar na que, cada ano, chegan un número significativo de senegaleses a buscar traballo e a buscar unha vida mellor. Podo asegurar que moitos desos senegaleses (
inmigrantes) ao cabo de dous anos saben falar moito mellor o galego (entendamos o idioma como a tecnoloxía que é) que moitos coruñeses que levan toda a vida aquí (nativos). Non se trata dunha broma nin dun vacile, senón dunha conclusión que se pode obter coa observación. Isto non lles quita a súa condición de inmigrantes porque é unha categorización que non describe nin define a súa habilidade ou capacidade senón a súa condición por nacer nun lugar, nunha época e/ou nun contexto determinado e por ter unha serie de características e descritores dos cales non se pode escapar nin podemos evitar. 

 

Ademáis de sentimento de pertenza e categorización tamén penso que o autor vai máis alá e trata de darnos a entender que os nativos dixitais nacen coas tecnoloxías xa implementadas, desenvoltas e aplicadas no devir diario e na rutina diaria da maioría das persoas. Por isto, é bastante lóxico pensar que lles será máis fácil a introducción, adaptación, comprensión, aplicación e uso das NNTT, tendo en conta que a totalidade do ambiente que os rodea, e no cal están medrando e en contínuo crecemento e exercicio de aprendizaxe, durante a súa infancia (recordemos tamén que é o período máis plástico do cerebro humano, e como consecuencia, a etapa na que menos custa aprender), está completamente contaminada polas tecnoloxías. Non se trata de un problema de implicación ou de carga de traballo ou de empeño senón que é un tema máis biolóxico e orgánico, as características dos seres humanos e dos nosos cerebros son distintas e van en detrimento co paso dos anos, isto é irremediabel como tamén o é o feito de que é case imposible renunciar ao noso código, ao que aprendemos nesos primeiros anos de vida e que condiciona o resto da nosa vida dalgún modo, esa é a conexión ao pasado da que fala Prensky: “hemos de hacer constar que, al igual que cualquier inmigrante, aprendemos –cada uno a su ritmo- a adaptarnos al entorno y al ambiente, pero conservando siempre una cierta conexión (a la que denomino “acento”) con el pasado.” Prensky

Un neno de hoxe en día medra en concordancia coas tecnoloxías e dende moi pequeno está vendo pantallas, ordenadores, teléfonos móviles… digamos que é o ambiente e a realidade na que naceu, co cal forma parte del mesmo dende moi pequeno e moi fondamente se temos en conta que é a rutina diaria de calquer humano na maioría das sociedades de hoxe en día, estar utilizando calquer aparato ou aplicación tecnolóxica. Por moito que un adulto trate de levar ao seu interior e facer súas as NNTT, estas non o son porque se implementaron e desenvolveron cando estas persoas xa tiñan uso de razón, xa tiñan un camiño andado, xa se adaptaran a un mundo sen tecnoloxía e xa tiñan como norma xeral e costume usar unha linguaxe que hoxe en día está completamente desfasada e obsoleta. 

 

Pode doer a quen é inmigrante dixital pero, o recoñecemento de estar en desvantaxe con quen é nativo dixital axudarános tamén a escribir reglas de acción e métodos para tratar de achegar cada vez maís os dous mundos que, continúan a estar afastados e que seguirán estándoo de non recoñecer as distintas características, capacidades e realidades de distintas xeracións de persoas. 

 

 

Adxunto tamén as características de un nativo dixital según o propio Prensky (http://www.marcprensky.com/writing/Prensky-NATIVOS%20E%20INMIGRANTES%20DIGITALES%20(SEK).pdf)


¿Cuáles serían, a grandes rasgos, las diferencias entre Nativos Digitales e Inmigrantes Digitales?

 

Quieren recibir la información de forma ágil e inmediata. 

Se sienten atraídos por multitareas y procesos paralelos. 

Prefieren los gráficos a los textos.

• Se inclinan por los accesos al azar (desde hipertextos).

• Funcionan mejor y rinden más cuando trabajan en Red.

• Tienen la conciencia de que van progresando, lo cual les reporta satisfacción y recompensa inmediatas.

• Prefieren instruirse de forma lúdica a embarcarse en el rigor del trabajo tradicional.

 

Cómo podedes ver hai moitos aspectos dos defendidos por Prensky que se escaparon ao noso debate e aos cales deberíamos de prestarlles algo de atención, reflexión e sentido crítico.