Día de Internet e Día das Letras Galegas!

Con motivo das celebracións e dándose esta coincidencia fixenme a seguintes preguntas:

  • En qué medida contribuiu o uso das TIC a cultura galega?

 

O uso de internet e demais tecnoloxías da información e comunicación serven como instrumento ou soporte onde se plasma toda a cultura galega. Salvagardandoa para recordo dalgunhas xeracións e como símbolo de pertenza para os máis novos. Ademais, na rede podemos atopar desde xogos, cantigas, e aperos tradicionais ata ofertas turisticas, culturais da nosa comunidade, etc

 

  • En qué medida contribuiu a comunidade galega en innovación coas TIC?


No ámbito galego, contribuiuse o desenvolvemento de aplicacións tecnoloxicas de diferente índole das que me gustaría destacar as seguintes xa que me parece propostas moi interesantes:

Galapps: unha aplicación para iphone e android sobre o uso do galego. Non só é un simple diccionario ou traductor, se non que tamñen conxuga verbos, ou constrúe frases.

PictoDroid Lite: unha aplicación para iphone e android que forma parte do proxecto Accegal onde un equipo de enxeñeiros de Vigo e pedagogos do Colexio López navalón de Santiago de Compostela  traballan xuntos para elaborar unha aplicación que mellora a comunicación de persoas con diversidades funcionais e cognitivas.



Unha vez máis, a tecnoloxía serve como instrumento para mellorar a calidade de vida das persoas.
Por unha banda podemos ver que internet serve como soporte que salvagarda e promove a nosa cultura artística, literaria, e demais aspectos característicos; e por outra, vemos que a comunidade galega tamén aporta innovación o mundo tecnolóxico mediante as suas creacións pioneiras.

 Persoalmente vexo moi positiva esta dobre vertente, que se complementan unha a outra. Desta maneira, as TIC nutren a cultura, e a cultura aporta información que divulgar as TIC.