Videoxogos e terceira idade. Proposta de debate

Comparto esta noticia que acabo de ver na prensa, aínda que saíu fai uns días. Nela fálase sobre a proliferación de novos videoxogos destinados á terceira idade, e sobre os beneficios que estes lles reportan ás persoas que os empregan con certa frecuencia. Na notica ponse como exemplo un centro de anciano do Xapón, onde entre outras actividades, están presentes os videoxogos á enteira disposición dos seus usuarios.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vidadigital/2014/03/06/videojuegos-conquistan-mercado-tercera-edad/00031394108347996221991.htm#.Ux8GHaTkUj4.facebook

Persoalmente, considero moi positivo o emprego dos videoxogos nas persoas maiores, pois a certas idades é moi importante manter unha certa axilidade mental e este tipo de xogos pode axudar a conseguilo. Por outra parte, os videoxogos teñen cambiado moito nos últimos ano, pois lonxe quedan xa o tempos nos que os videoxogos fomentaban o sedentarismo, pois agora hai consolas como a Wii que ofrece a posibilidade de xogar utilizando o propio corpo, polo que ademáis de traballar a axilidade mental, tamén poñemos o corpo en movemento.

Creo que este é un bo tema para abrir un pequeno debate. Qué vos parece esta noticia? ¿Pensades que é positivo ou pola contra credes que o emprego dos videoxogos só trae efectos negativos? 

Comentarios

  • Celtia

    Hola!

    Na miña opinión esta noticia é positiva. O feito de que os nosos anciáns comecen algo novo é positivo, no momento en que senten curiosidade polas novas tecnoloxías e queren aprender a divertirse é algo positivo. Como ben dis os videoxogos que implican unha actividade física a parte dunha mental son ideais para este tipo de persoas. Os videoxogos van mais alá da televisión, un aparello que provoca que pases horas sentado e que non requiren moito que pensar...

    Mais eu fágome outra pregunta: ¿Cómo debemos facer para achegar estes videoxogos a terceira idade?

    Unha maneira interesante sería que os netos ou fillos amosaranlles os seus maiores cómo utilizar eses aparellos, desta maneira, ademais de ser un gozo para os vellos será unha maneira de que os mais pequenos pasen tempo coa súa familia, se sintan entretidos e cómodos con eles. Os nenos/as deben de aprender a ensinar, a tratar con paciencia a querer e a agradecer... e esta, baixo o meu punto de vista é unha estratexia xenial.

    Un saúdo :)

  • arminda

    Grazas pola túa resposta Celtia!

    Como ben dis, unha das maneiras de achegar os videoxogos aos nosos maiores é facelo a través dos netos. Desa maneira, os rapaces pasan máis horas cos seus avós ou familiares e ademáis fan algo que a eles mesmos lles gusta, pois poucos nenos coñezo aos que non lles guste pasar horas enganchados ás súas consolas. É unha maneira de que os videoxogos non leven consigo o illamento!

  • Ana María Rey Calvo

    Na actualidade, as persoas maiores cada vez senten máis atracción polas novas tecnoloxías e todo o que as rodea e pronto son quen de familiarizarse con elas integrándose así no mundo dixital.

    Dende o meu punto de vista considero que o uso dos videoxogos na terceira idade producen máis efectos positivos que negativos. Pois, a parte de seren lúdicos poden aportar outro tipos de beneficios (terapéuticos, preventivo,..) en función da finalidade do videoxogo. Ademais axudan ó desenvolvemento de habilidades cognitivas e a reducir unha brecha dixital que os separa do resto da poboación. Como todo, débese facer un uso correcto destes xogos virtuais e non abusar deles pois poden provocar illamento ou falta de socialización.

    Pareceme moi boa estratexia a proposta por Celtia pois dese xeito, poténcianse as relacións interxeracionais entre netos e avós beneficiándose ambas partes.

    Un saúdo!