Rodrigo

Non é posible describir de xeito breve a alguén tan magnánime coma min

redes sociais con barreiras

Chamoume bastante esta noticia que publica hoxe a voz de Galicia. Ao parecer a Once denuncia que as redes sociais como Facebook ou twitter, presentan obstáculos para as persoas con discapacidade visual, imposibilitando o uso destas redes por este colectivo.

Tal vez son este tipo de noticias as que se quedan nun recuncho illado do noso espírito discrepante coas inxustizas, xa sexa por ser de calado menor ou por ter pouco eco dentro de tantas noticias económicas que todo o inundan. É curioso que a xeneralidade, entendendo tan pouco de economía pero sí entendendo de sentimentos, preste máis atención ás segundas que ás primeiras.

Tamén é curioso que este ámbito das redes socias, que goza dunha imaxe de innovación, de progreso, de imaxe "trans", non se parasen a ser minuciosos con detalles como os que a Once denuncia. Toda empresa de hoxe en día, e máis tratándose de empresas que obteñen ganancias grazas ó sentido social da súa labor, non deberían estar exentas de tratar de agradar ó seu consumidor, non por unha cuestión só de beneficios, senon por unha cuestión de "sentidos" común.  

Comentarios