Alba Senande Fernández

Son unha persoa con moitas virtudes (alegre, traballadora,...) pero tamén con moitos defectos (cabezota, perfeccionista,...) que me fan ser o que son

Reflexións sobre a importancia de traballar por proxectos

O momento final da charla realizada por Chefa, fíxome volver ao pasado e a miña experiencia persoal nas primeiras prácticas de psicopedagoxía. Estas leveinas a cabo nun centro de Educación Especial de Santiago. Debido a que non existía departamento de orientación e a causa da miña formación anterior como mestra en educación infantil, levei a cabo ditas prácticas como profesora na aula dos nenos máis pequenos deste centro, onde existía en total doce nenos e con diferentes patoloxías. Nesta clase, a mestra tiña ordenada a clase de forma tradicional e traballábase a través de libros de texto, os cales eran diferentes para case todos os nenos. Ao observar isto, un día formulei a idea de realizar un proxecto cos nenos, este consistía na primaveira debido a que estaba comezando esta estación. Este leveino a cabo grazas a liberdade que me ofreceu a mestra, polo que valorando as potencialidades e limitacións de cada neno, cada un deles realizaba unha tarefa diferente pero dende unha perspectiva de traballo en equipo. Como resultado final, fixemos unha árbore que pegamos a unha parede con diversas flores (cada unha delas realizada por cada un dos nenos en total liberdade) e valoramos as distintas características desta estación do ano. Dende o meu punto de vista, esta actividade gustoulles moito aos nenos debido a que aprenderon dende un papel activo e onde se valoraba a todos e cada un deles a través do seu traballo.

Outro día tamén realicei unha breve actividade entre todos na que os nenos tiñan que buscar diferentes animais no periódico (xa que a mestra un día a semana lle daba un pero sen facer nada máis de que os nenos o miraran). A través desta actividade, estivemos diferenciando os animais acuáticos, terrestres e mariños, o que resultou moi divertido e ameno para os nenos.

Por todo isto, considero moi importante traballar por proxectos, xa que lles crea aos alumnos un sentimento de importancia e de valoración do seu traballo, aspecto que non se fai cando o alumnado a única actividade que realiza é facer as actividades marcadas no libro. Ademais, a través deste tipo de ensinanza, o alumnado séntese escoitado e pode dar iniciativas sobre como traballar certos aspectos e de facer istos con máis liberdade que cun libro de texto.