Diario de clase: Sesión 2

Por paula pose

Na segunda clase de Asesoramento a centros e profesores, Lourdes entregounos uns documentos donde se recollía as aportacións dos diferentes grupos de clase en relación ás seguintes preguntas:

  • Identificar escenarios no que se desenvolvan tarefas de asesoramento
  • Que fai o asesor/a?
  • Que entende por asesorar o grupo de traballo?
  • Pode falarse da profesión de asesor/a? Que formación necesita?
  • Indagar e contrastar noutras fontes de información para alimentar, enriquecer e fundamentar os nosos puntos de partida.

                            

A raíz desta serie de preguntas investigamos sobre todo aquelo relacionado co asesoramento, tal como as distintas tarefas do asesor, as súas función, os escenarios en que se pode levar a cabo este asesoramento,….sendo esta unha tarefa que levamos a cabo de maneira grupal.

Desta maneira, para realizar a análise dos diferentes apartados que conformaron o documento, utilizamos unha breve guía sobre a que, cada grupo profundizou nun aspecto:

- a comprensión da tarefa.

- o común / o diferente.

- o que hai / o que non hai.

- autores emerxidos e a súa relación no asesoramento.

Realizada esta investigación, chegamos a conclusión de que os escenarios nos que se poden desenvolver as tarefas de asesoramento son múltiples e van dende o ámbito familiar ata o ámbito relixioso, pasando polos ámbitos deportivo, matrimonial, medioambiental, político e moitos máis ámbitos nos que o asesor pode levar a cabo o desenvolvemento do seu traballo.

Neste ámbito o asesor debe levar a cabo diferentes tarefas como son apoiar, resolver, aconsellar, guiar, dar seguridade, avaliar, etc. Todo isto elaborando itinerarios nos que se teñen en conta as características individuais das persoas ás que vai dirixidas o asesoramento, así como o contexto no que o individuo se desenvolve.

Relacionado co termo asesor podemos decir que á pregunta de se existe a profesión de asesor/a, concluímos que sí que se pode falar desta profesión, pero para desenvolvela débese contar con un gran coñecemento do ámbito específico no que se vaia a desenvolver dita actividade, non habendo unha formación única e xeral para levala a cabo.

A raíz deste documento no que aparecían recollidos todas as aportacións dos diferentes grupos, realizouse un debate sobre as cuestión plantexadas nas que entre todos se chegou a mesma conclusión, que é que como dixen anteriormente os asesores deben ser profesionais formados nese ámbito específico no que van a levar a cabo as súas tarefas, xa que difícilmente se pode asesorar sen posuír coñecementos.