As novas tecnoloxías e o seu bo uso

Aquí vos deixo unha noticia moi interesante sobre a influencia das novas tecnoloxías nos rapaces e rapazas. Nun concello de Murcia decidiron levar a cabo un taller de “novas tecnoloxías e o seu bo uso” en diferentes centros educativos, a partir de sexto de primaria ata bacharelato, para concienciar así aos rapaces dos prexuízos que teñen e facerlle ver tantos as súas vantaxes coma os seus inconvintes.

Paréceme esta un bo método xa que non todo e positivo nas novas tecnoloxías e menos aínda se estas son utilizadas por adolescentes aos que ninguén lle explica como usalas de forma correcta. O que eu me pregunto é, ¿o goberno non debería ademais de darlle estes talleres aos rapaces , impartirlle clases e coñecementos aos docentes sobre o uso das novas tecnoloxías e o modo en que deberían educar aos rapaces neste ámbito?

Algo que normalmente se fai son cursos e talleres para os docentes sobre o uso das TIC, pero ¿sobre a maneira en que se deben expoñer aos alumnos estes conceptos? Non sempre os profesores son quen de explicar aos rapaces as vantaxes e inconvintes destas novas tecnoloxías, e baixo a miña opinión é algo que considero tanto ou máis importante que o seu uso.

http://www.murcia.com/mazarron/noticias/2014/04/08-taller-de-nuevas-tecnologias-y-su-buen-uso-para-los-escolares-de-mazarron-a-cargo-de-jose-jerez.asp

Comentarios

  • Sandra Dorado

    Sin ninguna duda, este tipo de talleres ayudará a los adolescentes no solo a conocer un poco más sobre las nuevas tecnologías, sino también a como usarlas para obtener el mayor beneficio de ellas. Una de las cosas que más me ha llamado la atención de este proyecto, es como surge, ya que su autor declara que este idea nace después de ver a un grupo de jóvenes sentados en un banco con la cabeza agachada mirando a sus smartphones y sin dirigir palabra. Creo que esta situación en la actualidad no solo se aplica a situaciones concretas, sino que se extiende a todo tipo de interacciones entre jóvenes y adultos. Totalmente de acuerdo contigo en la necesidad de formar a los docentes, para que se encarguen de todo tipo de talleres, jornadas de concienciación o conferencias sobre el tema; todo conocimiento es poco para un ámbito tan amplio y dinámico. Un saludo Lara Laughing