Nube de tags

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Tags de todo el sitio

ENFERMEDADES DERIVADAS DO USO DA TECNOLOXÍA

image

A día de hoxe non hai conciencia colectiva e profunda das consecuencias da tecnoloxía para a nosa saúde.  A  continuación intentarei ilustrar máis as posibles enfermidades que podemos adquirir sen a penas darnos conta.

Para comezar o uso de teléfonos poden causar cáncer a OMS ( Organización Mundial da Saúde) verifica esta información, equivaléndoa a inhalación de vapores de gasoliña. Os campos electromagnéticos de radiofrecuencia emitidos polos teléfonos afectan o bo funcionamento do teléfono causando danos, para evitar isto aconséllase empregar auriculares en chamadas de longa duración ou utilizar mensaxes de texto para alonxar a radiación da cabeza.
Nos varóns, segundo o estudo da Clínica de Cleveland en Ohio, o uso de manos libres, bluetooth... pode danar os testículos e os espermatozoides do home producindo esperma feble, non afectaría ó ADN  do esperma como tal pero degrada a mobilidade reducindo a capacidade de inseminar o óvulo. Aconséllase  alonxar os teléfonos dos testículos e realizar chamadas  co aparato na man, chamadas curtas evitando sobretodo chamadas de 3h, especialmente a homes que xa padecen problemas de fertilidade.  Ademais dos teléfonos, os ordenadores portátiles, colocándoos nas pernas producen un quentamento dos testículos nada beneficioso para a calidade do esperma tanto en cantidade como en mobilidade. Sendo importante especificar que colocar un estuche ou almofada debaixo do mesmo non serverá para previr nada, polo que debemos acostumarnos a traballar con eles enrriba da mesa ou escritorio. Esquecíaseme comentar  a enfermidade da pel tostada , produncíndose un descoloramento escuro da pel cando esta está exposta directamente á calor que producen as máquinas , a pel pode convertirse en esponxosa e escura permanentemente, ata pode derivar nun cancro de pel. Esta información está recollida de PEDIATRICS.  Tamén é necesario dicir que é unha enfermidade pouco común derivada do uso extremo.

A cuarta enfermidade derivada das tecnoloxías é a tendinitis, moi acusada en persoas que traballan a cotío con ordenadores un mínimo de 8h. Enténdese por tendinitis á inflamación ou irritación dun tendón cáusase, neste ámbito, pola repetición dun mesmo movemento de xeito reiterado como o uso do rato ou do teclado do PC. Este caso sintoo de cerca posto que na miña familia xa hai casos. Convén realizar exercicios de estiramento das bonecas e brazos cada 30-40 min. tendo tamén a espalda erquida e os pés apoiados no chan así como apoiados os antebrazos para facilitar a redución de tensión nas bonecas. As Lesións por Movementos Repetitivos ( LMR), afecciones o lesións na parte superior do corpo provocados por movementos repetitivos producidos polo uso excesivo de aparatos como smartphones, tablets etc. Os máis coñecidos son o Síndrome do Túnel Carpiano que ocorre cando o nervio que  vai dende o antebrazo ata a man presiónase o se atrapa dentro do túnel carpiano, a nivel da boneca, causando entumecemento, dor, formigueo e debilidade na man afectada e a Tendinitis mais tamén súmanse a Epicondilitis,  a Bursitis e o Dedo do Tenosynovitis. Todas estas lesións nos casos máis extremos , de non tratarse a tempo  poden producir  inmobilidade completa nalgún dos membros citados coma un brazo por exemplo.  Os síntomas comúns son dor, fatiga, debilidade, entumecimento ou perda de sensibilidade, torpeza, dificultade de movementos, mans frías, temblores etc. As zonas máis afectadas son o cuello, os hombros, a columna cervical, os cóvados, os antebrazos, mans e bonecas. .

Outra enfermidade son as Cataratas, na vista, segundo explica a Direción de Alimentos e Drogas (FDA), os microondas producen celentamento dos texidos, debido á radiación. Os ollos son moi sensibles  á calor intensa. As Cataratas son unha das causas máis frecuentes de pérdidade visión en maiores de 55 anos. Actualmente existen os fornosmicroondas, xa preparados para deter a emisión destas ondas electromagnéticas cando abrimos a porta mais debemos evitar o uso de microondas ante calquer desperfecto que podan ter.  Outra consecuencia dos microondas son a esterilidade masculina,  por exposición accidental ante unha gran radiación moito maior a 5mW que é o límite permitido dun forno microondas, este enerxía podería matar  ou alterar os espermatozoides e producir esterilidade temporal. Non é moi común.
A sexta enfermidade que mencionaré será a Torticolis e a dor de cuello causada por persoas que pasan horas falando polo teléfono mentres traballan ou desempeñan outras tarefas á vez recómendase  non facer outras actividades cando se fala tanto tempo polos dispositivos móbiles. Coñecido é O mal dos telefónistas,  o 50% de traballadores que compaxinan o uso do teclado co do teléfonos padecen dores de cuello, para prevenilo débense usar auriculares.  

Repercute tamén, nas persoas que usan o teléfono máis dunha hora ó día, na audición, pouco a pouco cústalles diferenciar consoantes como o ¨S¨, ¨F¨,¨T¨ou ¨Z¨ para evitalo, temos o uso dos auriculares unha vez máis. Nos anos  70 dicíase que os raios catódicos da tv eran perxudiciais para os televidentes.
Actualmente as normativas cambiaron e os tv xa non emiten raios ultravioletas, non producen ceguera nin outro efecto na saúde mais si que causan problemas de atención e concentración. Un estudo da Academia Americana de Pediatría demostrou que o 10% dos cativos que viron a tv dende os 3 anos ou antes sufren problemas de atención ó cumplir 7 anos por iso recoméndase que vexan un máximo de 2h/ día a tv con programas de calidade.
A OMS informa de que as camas solares producen cancro de pel, a través dun estudo realizado en Noruega e Suecia, que afirma que existe un aumento significativo de risco de melanoma maligno nas mulleres que acostuman acudir a camas solares posto que a lonxitude de onda destas camas solares penetran máis dentro da pel e contribúe a inducir cancro.
Un grupo de investigadores da Sony Brook University de Nova Iorque concluiu que o uso abusivo de Facebook pode provocar unha predisposición o desenvolvemento dun trastorno de ansiedade e depresión nos adolescentes.
En cuanto á vista, ademáis do citado anteriormente, o máis común cando vemos deidamente á pantalla é a sequedade nos ollos e o síndrome do ollo avermellado pola falta de hidratación. Cando normalmente parpadeamos 18 veces/min. diante da computadora tan só 7veces/min. Isto pode causar dor de cabeza e incluso diplopía ( visión borrosa) Datos sacados do Colexio de Ópticos de Andalucía.
O consello que nos dan para conservar mellor a vista é por cada 20 min. diante da pantalla, enfoca 20 seg. cara outro sitio para que os teus ollos descansen.  De 37 millóns de nenos/As que emplean o ordenador, o 30% debería usar gafas de descanso para evitar problemas de visión no futuro. Por su parte, la Academia Americana de Oftalmología asegura que ver TV de cerca no afecta a la vista, aconsejando aún así que si esta conducta es persistente puede ser un indicio para que el niño/a padezca miopía.
Un estudo realizado pola University School of Medicine concluía que a tensión ocular derivado de dito uso das TIC, producía hipermetropía, miopía, glaucoma, dores de cabeza, fotofobia, visión doble ou borrosa... Para reducir estas consecuencias aconsella descansar cada 15 minutos e levantala vista cara obxectos que estén a maior distancia que a pantalla do ordenador.
Outro síndrome derivado é o S. de Vibración Pantasma, consistente  na sensación dunha leve vibración  do teléfono ou da escoita ( imaxinaria ) do seu ton de chamada. É un dos padecementos máis populares do século XXI.

O Imsomnio Adolescente o uso desmensurado de dispositivos móbiles, en adolescentes que practicamente estñan todo o día pegados ó seu fai que a ta durman con eles sen saber os efectos negativos das radiacións dos móviles. Estes contestan chamadas a metade da noite, responden chats  a calquer hora  interrumpindo o sono. A consecuencia desta sociedade Hiperconectada esperta alertas que nos fan pensar se somos nos os que dominamos as tecnoloxías ou se, pola contra son elas as que nos controlan a nós.

O diretor de programas de calidade de vida de Seguros Sura, Juan Domínguez, explicó otros problemas de saúde derivados da hiperconectividade excesiva:

Pérdida de audición: O elevado volume pode producir hipoacusia ( sordera ), problemas de equilibrio e a curto prazo ata náuseas e vómitos.

Problemas mentais
:  Moitas persoas xa padecen enfermidades como depresión, aillamento social, ansiedade, perda de pracer e disfrute polas actividades cotiás ...

Sobrepeso e obesidade:
O pasar tanto tempo diante do ordenador somos máis proclives ó sedentarismo e consecuencia disto a gañar peso. A súa vez podemos ter problemas no sistema circulatorio, diabetes etc.

Danos irreparables no sistema nervioso:
  O abuso da tecnoloxía, cos campos electromagnéticos provocan enfermidades como fatiga, trastornos do sono, vértigo, perda de memoria, desenvolvemento de tumores cerebrais...

Adición: Xa falei na anterior entrada da Nomofobia pero no está mal citala de novo. Xunto a ela a Portatilitis ( molestias e dores musculares polo uso e carga excesiva de portátiles) e a  Ciberadición ( adición a internet) .

Por  último, A Wiitis  seguramente a máis nova de todas, o uso da Wii pode provocar danos nos brazos (codos e bonecas) e hombros. Ocorre pola repetición numerosa dunha mesma acción. Por exemplo xogar 4h seguidas ó tenis coa Wii.

 

http://salud.univision.com/

http://colombiadigital.net/