O cine, a mirada e a educación.

Levaba tempo querendo escribir un blog sobre unha das artes que máis nos inflúe e menos nos percatamos do seu poder. Unha arte relativamente nova cun gran poder de educativo e social, que se mantén dentro do auxe das novas tecnoloxías, nutríndose e recreándose a cada paso. Estou falando da arte do cine.

O cine son moitas cousas: O Movemento, as imaxes, unha realidade … son personaxes ou obxectos que nos contan unha historia e fan que nos sintamos identificados con eles, imaxinando centos de situacións posibles que transforman pouco a pouco a nosa personalidade e as nosas formas de ver o mundo. Ata ahí chega a importancia do cine.

Xa fai máis dun século que os irmáns Lumière mostraron ó público o seu filme "L' Arrivée d'un train à La Ciotat" , acompañado das respostas dos inocentes espectadores os cales crían que un tren estaba a piques de entrar na sala e atropelar aos alí presentes. Ata ahí chega o poder do cine.

Por iso, o cine é un dos instrumentos con maior poder e influencia política. Durante moitos anos este foi un dos principais medio propagandísticos das ideas dun dos países máis influintes hoxe en día, Estados Unidos. Grazas a Hollywood, este pais puido facer chegar o seu “america way of life” ata o máis recóndito pobo do mundo, mostrando a calidade e bo funcionamento do seu sistema (o cal triunfa hoxe en día) Ata ahí chega o poder do cine, pero ¿Qué ten que ver isto coas tecnoloxías e a educación? Moito.

Como xa cometamos no comezo, o cine ten o poder de influenciarnos coas súas historias, polo que este é un punto de acción importante no cal a educación ten o seu deber de intervir, para poder valorar este arte como se merece, de forma consciente e crítica. Non obstante, como ben se comenta nun dos capítulos do libro “educar la mirada. Políticas y pedagogía de la imagen” de Inés Dussel e Danlela Guitiérrez, isto converteuse nun problema para os docentes, xa que en moitas ocasións estes atópanse cunha forte limitación a hora de elixir e ensinar cine nas escolas, e non por falta de material cinematográfico precisamente. Apenas existe medios para educar e ensinar sobre o cine, e pola contra, o este rodea o día a día dos cidadáns, tanto nas rúa como nas súas casas. (persoalmente penso que ata un anuncio podería ser cine, aínda que non sei se pode incluir nesta categoría)
Pola contra, despois da existencia do cine continuouse creando novas formas de transmisións de información mediante audiovisuais, que continuamente crecían nas rúas, pero non atopaban o seu lugar nas escolas ¿Existirán algún interese detrás desta situación? ¿Por qué despois de tanto tempo segue sen introducirse unha verdadeira educación audiovisual nas institucións educativas?

Unha das cousas mais incribles desta arte, non é simplemente a historia que nos conta, se non todo que atopamos detrás: os silencios, o tempo entre frase e frase, o que se atopa detrás de cada plano, as pausas, as luces… Todo isto é o que aporta o verdadeiro valor ao cine, e o que a escola ten que ensinar a descubrir.

“Hay algo en lo cual la imagen audiovisual tiene la primacía absoluta en materia de aprendizaje: Su poder de activación de la atención o las emociones del observador.” Esta é unha frase de Ernest Grombich, a cal explica a perfección o poder da imaxe de cara aos individuos, un poder que, dende o meu punto de vista é único e máxico, cun potencial do cal aínda non somos de todo consciente pero que vivimos de forma latente nas nosas vidas.

¿Qué opinades o respecto?

Webgrafía:

http://www.tendenciaspedagogicas.com/Articulos/1998_e2_15.pdf

Bibliografía:

http://www.igualdadycalidadcba.gov.ar/SIPEC-CBA/NuestraEscuela/application/site/media/docs/apoyo/apoyo04.pdf