Vídeo Brecha Dixital

Despois de estar falando na clase de hoxe sobre diferentes conceptos abordados ata agora na materia de Tecnoloxía Educativa atopei este vídeo sobre a brecha dixital que me pareceu moi importante, xa que conta con testimonios de diferentes persoas e dende diferentes situacións.

Todo o que contan neste vídeo, e sobre todo unha das mulleres que falan recordoume a unha historia que Adriana contou na clase sobre unha escola na cal contaban con un ordenador e por iso o centro estaba moi orgulloso, pero polo contrario non contaban con electricidade para poder utilizalo.

É en cousas coma esas onde se poden ver as diferentes situacións existentes e como as persoas, dependendo dos seus recursos, lle dan máis ou menos importancia a unha mesma cousa.

Podemos veren vídeos coma este que reflexan a realidade como ás Novas Tecnoloxías aínda lle queda moito por avanzar, e dependendo do país están máis ou menos avanzadas, un tema que vimos na clase interactiva de hoxe cando comparabamos os recursos tecnolóxicos existentes en España e en outros países existentes, no noso caso Ecuador, do que dificilmente atopamos algún dato.

¿Qué opinades vos?

Comentarios

  • María Mayán

    Resulta asombroso como podemos darlle tan pouca importancia a tanto, cando noutros lugares agradecen moito máis, e penso que é o resultado de estar afeitos a ter tan pouco. Canto máis temos máis queremos e iso pasa con moitísimas cousas. Creo que isto móstrase á perfección no vídeo; as grandes diferenzas que existen.

    No noso grupo tamén traballamos con Ecuador e pásanos o mesmo. É moi difícil atopar datos, e os que puidemos observar son realmente asombrosos. De feito, creo recordar que os primeiros datos que obtivemos en canto ás TICs son do ano 2000 o cal nos parece que foi onte e non nos damos conta de que somos un país que contamos con moitos recursos, e aínda que sempre se pode mellorar, deberíamos pararnos a pensar en países como este, nos que ata fai nada e aínda actualmente están moi por debaixo de España, que tampouco é dos máis dotados de recursos e coñecementos tecnolóxicos.

  • Silvia Ansede

    Es evidente que aún existe una gran diferencia en cuanto a dotación de recursos en diferentes países. En este video se puede ver incluso la falta de inclusión digital en las escuelas, y se refleja la necesidad de tener una alfabetización tecnológica para poder acceder al contacto con los demás. Además, este escaso acceso a las nuevas tecnologías es lo que provoca, a su vez, las desigualdades sociales. 

    Un saludo :)