• Blogs
  • Doa
  • Novas aplicacións para aprender chinés mandarín: 8belts e Chineasy.

Novas aplicacións para aprender chinés mandarín: 8belts e Chineasy.

O feito de que as aplicacións que faciliten ou estimulen a aprendizaxe de idiomas sexan un  “boom” total e absoluto no que vai de ano, pon de manifesto as necesidades de formación latentes da sociedade e como as tecnoloxías se adaptan para satisfacer ditas necesidades. Estas dúas noticias relacionadas con este tipo de aplicacións saíron pola televisión en menos de un mes.

A primeira chamoume especialmente a atención porque se trata dun método revolucionario para aprender chinés denominado 8belts, creado por un fisterrán. Dedícaselle media hora cada día, e consiste nunha xerarquización das palabras máis usadas no chinés, logrando que o alumno aprenda en oito meses. Máis de cinco mil persoas xa o usaron nos últimos dous anos e, dado o seu éxito Google intentou mercalo. Aínda que non é gratuíto o seu creador garante que, de non aprender no prazo establecido devolve os cartos ( afirma isto nunca lle sucedeu ata o momento). 

http://www.crtvg.es/informativos/un-fisterran-crea-un-metodo-revolucionario-para-aprender-chines-795153


A segunda noticia fala doutro método tamén deseñado para aprender chinés mandarín, totalmente gratuíto, denominado Chineasy. Este permite a aprendizaxe do idioma en cuestión mediante o recoñecemento dos caracteres a través de ilustracións simples, de xeito que, mediante a asimilación dun pequeno conxunto de “bloques de construción”, os estudantes poden construír moitas palabras novas. O resultado é que, con pouco esforzo, os usuarios serán capaces de ler centos de caracteres e incluso frases, logrando unha comprensión bastante completa do vocabulario. 

http://www.educadoresdigitales.org/2013/07/aprender-leer-chino-facilmente-chineasy.html

Comentarios

  • Laura Troitiño

    En serio, qué interesante! Creo que vou ter que aprender chino, porque con esta función parace moitísimo máis fácil.Sen dúbida este tipo de aplicacións fan que cada día aprendamos un pouco máis, e que ademáis utilizemos os medios de tecnoloxía como algo educativo e pedagóxico.

    Un saúdo Doa :)