ALERTA, A BRECHA CRECE OFICIALMENTE

Onte, mentres lía tranquilamente o xornal atopei unha noticia que me deixou moi entristecida.
O organismo regulador das comunicacións de Estados Unidos (FCC) abriu o pasado xoves a veda para a existencia oficial dun internet de dúas velocidades, ou o que é o mesmo, un internet de boa calidade ou de mala calidade. Polo de agora, internet segue sendo coñecido como a maior fonte de información libre que existiu na historia, un lugar onde todas as persoas poden formarse e formar a libre albedrío e que en maior ou menor medida escapaba das mans das grandes empresas mundiais. Claro está, que gran parte da poboación mundial segue sen ter opción de conexión a internet, non obstante, podemos observar como dende eses lugares nos chegan os seus estalidos de rebelión e de protestas que antes nos eran descoñecidos e que agora, grazas as novas tecnoloxías podemos saber e compartir por todo o mundo, unha situación a que certas persoas teñen moito medo.

Con esta medida o que se consegue e monopolizar a información deixando de lado o principal obxectivo da creación de internet, o libre acceso a información. As pequenas empresas, os traballadores amateurs e principiantes e as persoas de a pé que queiran dedicarse a compartir, crear e buscar nova información, terán que competir contra entidades que dispoñen dunha calidade de tecnoloxía informativa moi elevada, a cal estará continuamente por diante deles. Resulta realmente irónico que unha das sentenzas sexa que esta situación non lle vai afectar ao resto da información de internet, xa que todo o mundo poderá seguir publicando e lendo os temas que lle interese sen que isto lles perxudique. ¿Qué opinades o respecto?


Aquí vos deixo a noticia:
http://elpais.com/elpais/2014/04/27/opinion/1398609936_156851.html

Comentarios

  • Angela Rodriguez

    Boas Sara!

    Isto é o american way of life, crenzas dun sistema basado en mercadorías. 

    Aínda estando dacordo contigo na maioría, hai unha cousa na que discrepo. Internet é un lugar desregulado, pero ata certo punto. Existe unha trastenda de internet, existen empresas que posúen a meirande parte das redes sociais, empresas que poden usar os datos que nestas deixamos para influenciarnos. Internet é unha selva, un sitio que permite a liberdade de expresión, mais onde os mass media seguen dominando con outras caras. Pode que a liberdade que xera internet lle dea voz a causas que antes non a tiñan, pero que tipo de respotas aparecen?Eu creo que a ciberutopía non é máis ca un soño, xa que os movementos que se crean rápido,rápido desaparecen. Sen unha base forte, as crenzas desmorónanse.

    Grazas pola túa aportación.Kiss

  • xeila raposo rodríguez

    La verdad, desde que nació Internet, siempre supimos que no estábamos libres totalmente. Siempre hay controles y vigilancia por parte de esos monopolios que conforman Internet. Sin embargo, me quedo fría al saber ésto. No sabía que querían llevar a cabo esa medida, y me parece absurda a la par de incoherente. Primero nos ofrecen las alas, y después nos las cortan. Desde luego, el mundo está en manos de las grandes potencias, y ahí nosotros no podremos hacer nada al respecto, por el momento. Un besito Kiss

  • Sandra Dorado

    Hola Sara, la verdad que me entristece pero no me sorprende. Para empezar, no comprendo la finalidad de esta medida, aunque me imagino que será lo de siempre: ¿que se beneficien solo unos pocos? ¿que se favorezcan las grandes empresas controladoras en detrimento de los ciudadanos/as? En este sentido, creo que se deberían de tomar cartas en el asunto con referencia a este tema, puesto que agora además de discriminación por sexo, raza o religión, la existirá también por tecnología. Al igual que Ángela, creo que Internet es una selva donde hay que andar con mucho cuidado; las cosas no están puestas ahí por casualidad, sino que la mayor parte de las veces existe un trasfondo lucrativo que lo explica. Aún así, bajo mi punto de vista, creo que se está dando un gran paso atrás favoreciendo la brecha digital, en vez de reducirla o eliminarla completamente. Entrada muy interesante Sara, un saludo Smile