PLE

Déixovos un vídeo de unha entrevista a Linda Castañeda e Jordi Adell sobre os PLE que me pareceu moi interesante polos temas que trata.

O que aquí se explica é que un PLE é un proceso de formación autodirixido, baseado en conexións persoas e acceso a información. Todos os PLEs son diferentes e persoais, e deberían resolver os problemas que ten o profesor na aula.

Algo moi importe é ensinar á xente a crear e enriquecer o seu PLE, e unha das súas partes esenciais son as persoas e o que esas persoas xeran.

Un PLE nunca está rematado, está constantemente evolucionando, aínda que son as persoas que están dentro del as que teñen maior dificultade para cambiar.

Algo moi interesante do que se fala no vídeo son as ensinanzas universitarias. Introducir os PLEs nas ensinanzas universitarias pode servir para que os alumnos non se sintan meros receptores, querendo aprender só para aprobar o exame, se non que teñan en conta a información recibida para algo máis.