• Blogs
  • Doa
  • Fundamentación teórica da Tecnoloxía Educativa.

Fundamentación teórica da Tecnoloxía Educativa.

A escola considerouse ó longo de toda a historia un dos instrumentos máis poderosos do estado para exercer o control do poder, correspondéndose o currículo educativo, unha estratexia para a reprodución ideolóxica. Desta maneira durante a segunda metade do S.XX, o modelo condutista perpetuaba nos centros educativos, onde se transmitían coñecementos como se dunha cadea de montaxe se tratase, a través dun sistema baseado na memorización, retención e transmisión de ideas. Como resposta ó condutista apareceron diversos enfoques ó longo dos séculos seguintes:

A mediados do século XX xurdiu o modelo cognitivista que establece que a aprendizaxe se dá a partir de operacións intelectuais (asimilación, comprensión e implicación no acto formativo).

Por outra banda o modelo construtivista, no que a aprendizaxe está condicionada polo proceso biolóxico e evolutivo do ser humano, consolidándose o acto educativo a partide da experiencia e a adquisición do coñecemento dende unha perspectiva intrapersoal. A vinculación do construtivismo coa educación a partir das TICs susténtase nas aportacións do suxeito ós entornos virtuais a partir da propia experiencia, que se comparte con outros suxeitos, materializándose os propios coñecementos cara o exterior.

O modelo socioconstrutivista sostén que a aprendizaxe se dá a partir da interacción co medio, entorno social e cultural, xa que o ser humano é un ente social, que está inmerso nunha cultura e que constrúe significados de xeito compartido. No que se refire ó ámbito das TICs este enfoque permite sustentar os procesos cognitivos en entornos virtuais, dende a perspectiva de que o ser humano precisa da interacción con outros suxeitos para poder desenvolver o seu proceso de aprendizaxe.

A finais do siglo XX e inicios do XXI aparecen outros modelos e ideas que sustentan a educación da sociedade en rede, emerxendo asía a pedagoxía do ciberespazo como unha nova teoría da ensinanza. Plantéxase ademais que, aínda que na rede se atopa gran cantidade de información, esta precisa de análise reflexión e inferencia para que eses datos se convertan en coñecementos transferibles a situacións reais. Os modelos educativos para a sociedade rede fan uso dos ordenadores e outras ferramentas que brinda a rede para xerar sistemas educativos flexibles, interactivos, asincrónicos e colaborativos, dada a incorporación masiva das TICs durante as últimas décadas nos procesos formativos. Entre estes modelos destacarían o conectivismo, a pedagoxía informacional ou a pedagoxía do ciberespazo.

 

 

Estes modelos educativos de sociedade en rede permitiron a a creación de coñecemento aberto, de redes sociais e de entornos compartidos de aprendizaxe en xeral pero..... a pesar de todos os medios cos que se conta na nosa sociedade, seguimos perpetuando un enfoque conductista a través das novas tecnoloxías? Ou realmente estamos en “transición” cara un enfoque máis conectivista?? 


WEBGRAFÍA. 

http://www.virtualeduca.org/ponencias2014/154/Pedagogadelciberespaciounmodeloeducativointerestructurante.pdf

Comentarios

  • v

    Eu coido que, tal e como temos comentado nalgunhas ocasións na clase, a velocidade á que avanzan as tecnoloxías na actualidade non é directamente proporcional á incorporación nas nosas estruturas mentais dos novos modelos educativos que éstas acarrean. 

    Probablemente nos atopemos nesa "transición" da que falas, pero non con cambios o suficientemente profundos como para asimilar todo o que está a supoñer a incorporación dese enfoque conectivista. En certa medida, asemella un cambio maioritariamente exterior, co trasfondo do estímulo-resposta.

    ¡Moi boa aportación Doa!  :)