Nube de tags

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Tags de todo el sitio

ZONACLIC

No seguinte espazo, http://clic.xtec.cat/es/, podemos atopar outro exemplo de como a educación camiña da man da tecnoloxía. JCLIC defínese como :  
Un conxunto de aplicacións informáticas que serven para realizar diversos tipos de actividades educativas: rompecabezas asociacións, palabras cruzadas...
O seu antecesor é Clic, unha aplicación que dende 1992 utilizouse por educadores de diversos países como ferramenta de creación de actividades didácticas para os seus alumnos.
JClic desenvólvese na plataforma Java, é un proxecto de código aberto e funciona en diversos entornos e sistemas operativos.

Nas páxinas de actividades da ZonaClic ofrécense dúas maneiras de acceder ós proxectos JClic:

JClic é un entorno para a creación, realización e avaliación de actividades educativas multimedia, desenvolto na plataforma Java..

É unha aplicación de software libre basada en estándares abertos que funciona en diversos entornos operativos: Linux, Mac OS X, Windows e Solaris.

No espazo ZONACLIC atopamos numerosas actividades para alcanzar a aprendizaxe. Sepáranse por áreas temáticas ( lingua, matemáticas, ciencias sociais, plástica e visual... ); pódese escoller o idioma e o nivel educativo para que traballen os cativos.

As actividades máis comúns son de relación imaxe- palabra, formación de palabras, sopa de letras, escritura de texto, identificación de palabras con grafías semellantes como por exemplo r e rr, puzzles, rompecabezas, aforcado, crucigramas, completar oracións escribindo as normas de uso axeitado...

Zona clic propón unha ensinanza deductiva, cunha metodoloxía de ensaio-erro, con temporalización cronometrada para motivalo usuario a prestar atención e autosuperarse, acompanado de mensaxes de reforzo positivo.
 Emprega cores e debuxos infantis.
Combina o descobremento guiado cunha aprendizaxe exploratoria.
Apoiase no " Learning by doing"

O problema que percibín cando analizamos na aula esta ferramenta educativa é que considero demasiado amplias as idades recomendadas por exemplo, no apartado de lingua castelá xúntase no mesmo rango a nenos de 6 a 12 anos, idades moi distintas en canto a coñecementos adquiridos e temáticas a traballar.

Sen moitas máis pegas, pareceme moi interesante coñecer e traballar con este tipo de páxinas como poden ser a xa citada Jclic ou o stellae/red/morea. É esencial que coma pedagogos sepamos manexar e aconsellar este tipo de espazos educativos na rede. Moi útiles e que seguen a máxima de aprender xogando.