Diario de clase: Sesión 8

Por paula pose

Esta sesión estructurouse en dous tempos. Primeiramente realizouse un seminario sobre o texto de Echeíta e Rodríguez (2005); e na segunda parte da clase tratamos sobre a atención á diversidade.

A continuación, farei un breve resumo de todo aquelo que comentamos na clase sobre estos dous temas.

Comentouse que a colaboración se desenvolve mediante unha serie de estratexias e procesos, tendo algún deles como eixo de atención a diversidade, caso das Adaptacións curriculares e dos Programas de Diversificación curricular.

En relación ao documento de Echeíta e Rodríguez (2005), atopámonos nel a experiencia de dous orientadores-asesores.

Comezouse o seminario comentando que o título é moi atractivo, xa que resume o contido e fai referencia ao asesoramento interno.

O contexto dos dous casos é a LOXSE e ambos autores participaron activamente no inicio desta reforma.

No caso de Echeíta, éste chega a un instituto no que existen prexuízos sobre a labor orientadora, no que se pretende levar a cabo un enfoque clínico e no que os profesionais non están satisfeitos coa reforma que iniciou a LOXSE. É importante remarcar tamén que o autor non presentaba unha boa disposición cara o seu novo traballo, e comprobou que non se respetaban as súas funcións e se lle pedía que realizara outras.

Rodríguez pola contra, atopou unha mellor disposición dos docentes cara a labor orientadora e ademais realizou funcións que non eran totalmente da súa competencia para lograr crear unha mellor relación coa comunidade docente.

O centro de Rodríguez tamén foi un centro piloto na reforma da LOXSE, levando varios anos traballando baixo ese modelo.

Na segunda parte da clase e como dixen anteriormente tratouse o tema da Atención á Diversidade, a partir do Decreto 229/2011 do 7 de Decembro e a súa concepción da diversidade e das medidas que se propoñen en relación con esta. Neste decreto, diferénciase entre medidas ordinarias e medidas extraordinarias de atención á diversidade.

Os erros máis comúns que atopamos cando tratamos a Atención á diversidade son os seguintes:

  • Crer que a comundiade educativa coñece como funciona a orientación
  • Esperar a que demanden a nosa axuda
  • Elaborar programas sen a intervención dos profesores e do xefe de estudos
  • Asumir funcións de outros profesionais do centro
  • Non levar a cabo un seguimento dos Programas que se poñen en marcha
  • Traballar sen levar a cabo unha programación
  • Querer atendelo todo ao mesmo tempo

Entre as medidas extraordinarias que se poden poñer en marcha están os Programas de diversificación curricular, os PCPI e a adaptación curricular, medidas que se poden levar a cabo no centro ordinario, na aula ordinaria, no centro específico e na aula específica.

O papel do departamento de orientación no caso das adaptacións curriculares é o seguinte:

  • O establecemento do procedemento
  • O establecemento dun calendario de reunión
  • A asignación de tarefas

Nas adaptacións curriculares, os docentes deben ocuparse da avaliación da competencia curricular en cada unha das áreas a adaptar e o cumplimento da folla de derivación que previamente foi elaborada no Departamento de Orientación.

No caso do orientador, a súa función será a avaliación psicopedagóxica.

Os docentes xunto co orientador deben realizar a selección de obxectivos, contidos e criterios de avaliación en cada unha das áreas a adaptar, sendo sumamente importante consensuar a metodoloxía.

E finalmente o Departamento de Orientación deberá elaborar o documento final para remitilo á inspección educativa.

A continuación tamén se explicou o seguimento do departamento de orientación nos casos dos Programas de Diversificación curricular e quedouse no seguinte:

ü  Elaboración do programa base

ü  Realización da avaliación psicopedagóxica dos alumnos

ü  Asesoramento sobre o perfil dos alumnos que cursan estos programas

ü  Asesoramento sobre os principios metodolóxicos con estos alumnos

ü  Asesoramento sobre formas de avaliación cos mesmos

ü  Oferta de materiais adaptados a estos programas

ü  Insistencia ao equipo directivo sobre as necesidades destos programas

 

Pechouse a sesión coa resolución por parte da mestra das dudas mostradas por nós na elaboración do portafolios.

Con esta clase rematouse a asistencia a esta materia, pero debemos seguir aportando reflexións no Campus Stellae.