Educación emocional e tecnoloxía educativa

Acabo de atopar un proxecto moi interesante sobre a educación das emocións utilizando as tecnoloxías como elemento mediador dentro deste proceso.  Trátase dun proxecto educativo que utiliza una aplicación mediante scratch na cal os rapaces aprenden a identificar as súas emoción e a coñecer os seus sentimentos.  Lévase a cabo mediante a utilización de quince emoticonos os cales reflexan diferentes emocións (risa, sorpresa, alegría, raiba, etc.)  

O artigo declara que a súa utilización na clase tivo resultados moi positivos para os rapaces, xa que aprendían a reflexionar sobre os seus sentimentos e resulta un entorno de aprendizaxe no cal eles mesmos construían e recoñecían as emocións. Non obstante, non amosa moitos datos sobre o seu modo de realización.

Podemos observar a súa proposta de traballo, a cal pretende que os nenos aprendan a identifica  as emocións por si mesmos, a describilas e a coñecelas … non obstante, dende a miña visión, este método non me resulta convincente. ¿Por qué os nenos teñen que aprender a recoñecer as súas emocións mediante unha computadora? ¿Non resulta mais empático que este tipo de traballos se faga falando directamente das nosas emocións co resto das persoas?¿Recoñecéndoas nos demais?¿Aprendendo a expresar como nos sentimos? Ensinando , precisamente ¿a falar dos nosos sentimentos?  

No artigo non especifica como se trata a actividade na clase, a pesar diso, quero reflectir a importancia de que o manexo das emocións e o falar sobre os sentimentos e un traballo que se debe facer primeiramente coas persoas que nos rodean cara a cara, e logo, utilizar as tecnoloxías como ferramentas mediadoras do proceso, non como fins que recoñecen as nosas emocións antes que os noso compañeiros. 

Por outra banda, aplaudo a iniciativa de incluir a educación emocional dentro do mundo tecnolóxico, xa que as veces parece que as tendencias tecnolóxicas nos converten en seres menos emocionais e mais autómatas.

este é o proxecto: http://www.eduteka.org/modulos/9/378/2115/1

¿Qué opinades de todo isto?

Comentarios

  • Tania

    Sara tienes razón, sería muy útil aprender a identificar las emociones por si mismos sin ayuda de la tecnología pero a mi me parece que se podrían combinar los dos maneras a lo mejor se recogerían grandes resultados porque no podemos olvidar de aprender por nosotros mismos. Al igual que tú pienso que es una buena iniciativa para fomentar la educación emocional.

    Un saludo