"Mis queridos profesores"

Na primeira sesión desta clase (Formación do profesorado) a profesora falounos do anuncio da Fundación Atresmedia “Gracias profes” e sobre o vídeo de Santillana “Querido señor Germain…”. Isto foi algo que me chamou moito a atención, en primeiro lugar porque non vira o anuncio pero sobre todo porque na actualidade o papel do profesorado está recibindo moitas críticas e en escasas ocasións coma esta resalta a función imprescindible que ten este colectivo na sociedade.

En relación a isto, busquei información na que se resaltase o papel do profesorado e  atopei unha páxina web (http://www.misqueridosprofesores.com/) na que aparecen expostas tres experiencias. Na primeira, Inma e Ángel, antiga alumna (agora profesora) e profesor reencóntranse e intercambian experiencias das súas aulas, asemade falan do motivo que levou a Inma a ser profesora de historia. Nesta conversación comentase a importancia da vocación, xa que sen esta Ángel, considera que xa non sería efectivo seguir ensinando. Os dous consideran necesario seguir os soños e facer o que un quere para poder estar satisfeito co que un fai e así facelo o mellor posible. A seguinte experiencia, pódese ver o reencontro entre Saturnino e Sergio. Estes dous profesores falan do papel da disciplina dentro da aula. Os dous consideran que é necesario que dentro da aula exista certo nivel de disciplina por parte do profesorado, xa que senón o alumnado “súbese a chepa”. Os tempos cambian, e mentres que antes tanto o alumnado como as familias respectaba o que dicía o profesorado, hoxe en día isto xa non sucede, cada vez cuestionase máis o papel do docente e a visión que se ten deles. Estes dous profesores tamén consideran que hoxe en día unha das características fundamentais que debe posuír todo profesor é a paciencia. E por último,  o reencontro entre Lola e Javier. Falan da relación que tiveron como profesora e alumno e a que teñen agora como compañeiros de profesión. Ademais, falan sobre a realidade que se da hoxe en día,  o profesorado non só ensina, tamén aprende.

Sentinme identificada con aspectos destas experiencia. Dende pequena eu sempre quixen ser mestra, pero dende que terceiro de primaria este soño tivo un maior significado. Xa non era un soño de pequena, senón unha aspiración de futuro. E isto foi por me gustaba moito a forma de ensinar da mestra. Ela disfrutaba estando con nos e ensinándonos todo o que sabía. Por outra banda, o longo do meu período educativo vivín distintas experiencias con respecto a profesores que son máis disciplinados nas súas clases e outros que non o son. Polo que a min respecta comparto a opinión de Saturnino e Sergio, sempre debe de existir certo grao de disciplina por parte dos mestres, pero sen esquecernos nunca de que disciplinan non ten o mesmo significado ca autoridade. Nunha aula non debe existir unha figura completamente autoritaria, senón que todos deben participar e dar a súa opinión de forma libre e respectado os demais. E, en canto a última experiencia, estou de acordo con que hoxe en día o profesorado non so debe ensinar senón que tamén debe aprender para así poder adaptarse aso cambios que os rodean e poder afrontalas novas situacións que se dan nas súas aulas.

Creo que con estas experiencias podemos reflexionar sobre a formación do profesorado na actualidade e ver os cambios que se deron con respecto a figura deste. Ademais permite facer unha análise sobre a opinión que se ten do profesorado, sobre todo a das familias. Este é un aspecto moi impactante, porque se pasou de ver ao profesorado como unha figura de autoridade e a cal sempre tiña a razón e as familias apoiaban esta figura, a unha visión completamente contraria. As familias están en contra do profesorado, cada vez responsabilizáselle máis da educación dos alumnos aos mestres, cando esta debe ser unha tarefa compartida entre familias e escolas.

 

Deixo o enlace do anuncio da fundación Atresmedia e do vídeo de Santillana: