• Blogs
  • Doa
  • Dereito ó esquecemento: Vantaxe ou desvantaxe?

Dereito ó esquecemento: Vantaxe ou desvantaxe?

Por Doa Comentarios (3)

   Un conflito, xa latente durante anos comezou a facerse ver cando Costeja, e o seu avogado Joaquín Muñoz, recorreron á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) para solicitar a retirada dunha información publicada en 1998, no diario La Vanguardia, con enlaces a unha subasta de inmobles, relacionada con un embargo por débedas á Seguridade Social. Estes instaron a Google Spain, S.L. e Google Inc a que eliminaran os enlaces, pero Google recorreu ante a Audiencia Nacional. Finalmente o Tribunal de Xusticia da Unión Europea ditou unha sentencia segundo a cal se obriga ós buscadores a suprimir información lesiva relativa a terceiras persoas, sempre que estas o soliciten.

   Polo tanto, en caso de que a publicación orixinal sexa lexítima (un periódico, o BOE etc.) a sentencia mencionada anteriormente non contempla a posibilidade de borrar a información do soporte orixinal. Unicamente se eliminará dos buscadores para que os datos lesivos non permanezan eternamente na rede, sendo os usuarios quen deben solicitalo directamente ós propios buscadores (Google, Yahoo, BingCCSearch...), fundamentando necesidade da súa retirada. En caso de que o buscador non acceda, o afectado poderá acudir á autoridade de control ou ós tribunais para que leven a cabo as comprobacións necesarias e ordenen ó buscador a retirada da información.

   Esta sentencia subliña o dereito da Unión Europea a protexer as liberdades e dereitos fundamentais das persoas físicas. Particularmente protexeríase o dereito á intimidade a través do tratamento dos datos persoais e a eliminación de obstáculos na libre circulación de información (xa que de demostrar que os feitos denunciados contradín os recollidos estes últimos serán suprimidos).

   Segundo a opinión de Costeja a sentencia é lóxica e coherente, non prexudica a Google pois os datos relevantes e verídicos permanecerán intactos nas fontes oficiais, polo que prefire falar de “supresión de datos que afectan á honra das persoas”. O Tibunal de Xustiza da Unión Europea xustifica a sentencia establecendo que a autoridade publicitaria de Google Spain no territorio español, obriga á compañía a axustarse á legalidade española e por conseguinte á da UE.

   En cambio Google cualifica a sentencia de decepcionante alegando que pode afectar á neutralidade e transparencia do buscador, xa que retirar unha información aínda que esta sexa ilícita obrigaríaos a censurar ou filtrar a información. O profesor de Dereito Mercantíl da Universitat Oberta de Catalunya, Miguel Peguera (especializado en asuntos sobre responsabilidade na rede) apoia en certo modo a postura da multinacional, alertando dun posible risco de sobreprotección, dificultando o acceso á información e á liberdade de expresión.

 

   A través desta disparidade de opinións tócanse unha serie de temas: Ten Google responsabilidade sobre os datos que facilita? Parécevos unha sentencia axeitada? Suficiente? Insuficiente? Que prexudique a liberdade de expresión ou de acceso á información?


WEBGRAFÍA.

Comentarios

  • Belen

    Aunque Google no es responsable de los contenidos, sí lo es de los enlaces, con lo cual, pienso que es responsable de los datos que facilita, y estoy de acuerdo con que se pueda solicitar la eliminación de los enlaces a datos de carácter personal siempre que estos perjudiquen al usuario.

    Un saludo DoaSmile

  • Cristina Castromán Tarrío

    Persoalmente penso ou sinto que este é o principal problema que as persoas temos unha vez que nos "adentramos" no mundo de internet. É moi normal que todos/as esteamos rexistrados en algunha rede social que empregamos no noso día a día para comunicarnos e interactuar con coñecidos e amigos, pero, ¿que pasa se algún día decidimos desfacernos e eliminar as redes sociais ou calquera outra aplicación na que esteamos inscritos? ¿desaparece o noso nome e a nosa identidade da rede?, o certo e que non, como podemos comprobar na noticia, multinacionais coma google aprópianse da identidade das persoas, sendo moi difícil por non dicir imposible, desaparecer da rede unha vez rexistrado en calquera aplicación ou unha vez que publicas algo.

    Non creo que con estas políticas se perxudique ou se coarte a liberdade de expresión, senón que todo o contrario pois para mín é un exemplo claro de que a "política de privacidade" non é tal, e non garanten o dereito dun sexeito de "desaparecer" da rede se así é a súa vontade.

    Un saúdo Doa!!

     

  • Cristina Castromán Tarrío

    Onte leía esta noticia acerca do tema que estamos a comentar aquí, e polo que parece, esta sentenza é o comezo dun cambio nas políticas de privacidade, xa que neste corto tempo dende que se dictou sentenza, xa son 41.000 os internautas que solicitaron a Google a retirada de informacións e datos persoais.

    Déixovos aquí o enlace da noticia para que poidades leela, e ainda que polo de agora como apunta infolibre.es a supresión das informacións persoais é posible únicamente se os contidos son incorrectos ou se non teñen interese público, parece ser que a sentenza sen dúbida senta precedentes neste senso.

    http://www.infolibre.es/noticias/politica/2014/06/26/derecho_olvido_google_elimina_resultados_busqueda_18840_1012.html

    Un saúdo Wink