• Blogs
  • Noelia
  • Coñecementos previos sobre a formación do profesorado.

Coñecementos previos sobre a formación do profesorado.

Por Noelia

En relación a última entrada e cunha práctica realizada nesta materia, esta nova entrada está dedicada a aquelas materias na que traballamos o tema da formación do profesorado.

A primeira materia na que falamos sobre este tema foi na de Didáctica. Falamos das competencias profesionais para desenvolver un papel. Fixemos unha análise do papel docente sobre a vos, os movementos, a mirada e a linguaxe deste.  Falmos da comunicación que ten e debe ter un docente nas aulas, así como do currículo e a implementación deste no centro.

Outra das materias foi Psicoloxía Social, que ao igual que no caso anterior  esta materia é do primeiro ano. A relación que ten o tema do profesorado con esta materia é que nesta traballamos aspectos fundamentais para o docente como o traballo en grupo, os profesores/as deberían traballas de forma cooperativa en non individualmente para optimizalos resultados; o liderazgo e o profesorado burnout.

E por último, tratamos o tema do profesorado en dúas materia de terceiro curso, Educación Compara e Organización de Centros Educativos. Onde traballamos a organización do sistema educativo e dentro deste a función do profesorado dentro do sistema educativo.

Estas son as materias nas que tratamos este tema de forma directa, pero posto que esta carreira está moi relacionada coa educación e ao longo destes catro anos se centrou moito no ámbito escolar, en moitas materias falamos en varias ocasións da situación do profesorado na actualidade en comparación con anos anteriores. Algunhas destas materias son Antropoloxía da educación, Diagnóstico pedagóxico, Orientación educativa, etc. sobre todo os aspectos que tratamos foron a visión que se ten sobre o profesorado e como esta foi cambiando ao longo do tempo. E  noutras materias como Tecnoloxía educativa, falamos de aspectos como a necesidade de adaptación do profesorado aos cambios que os rodean e polo tanto da necesidade de formación continua.

E por último, dicir que en materias como Educación Comparada, Política e Lexislación Educativa e Orientación Educativa traballamos os aspectos máis formais, é dicir, traballamos a información que aparece nas leis orgánicas en relación a formación do profesorado.