Termo vocación

Nesta nova entrada falarei do termo vocación, posto que é un vocablo ao que xa fixen referencia con anterioridade nalgunhas das miñas entradas deste blog e porque está moi relacionado con profesorado.

Unha das definicións comentadas na clase foi a seguinte: “ sentirse chamado pa algo. Alguén con disposición para algo, que se sente a gusto co que fai, aínda que sexa duro, a pesar de que lle custe facelo.

Segundo a RAE o significado é o seguinte:

3. f. coloq. Inclinación a cualquier estado, profesión o carrera.”

Segundo o artigo “La docencia como vocación” de Belisario Sánchez, a vocación é algo  imprescindible de calquera profesión,  sempre e cando esta sexa entendida como a inclinación cara unha habilidade ou conxunto de rasgos, capacidades e aptitudes que ten o individuo.  As profesións nas que máis se fala de vocación son a medicina e a docencia, porque estas precisan dun alto grao de dedicación, motivación e servizo. Por outra parte este temo tamén está moi relacionado coa relixión.

Por outra banda, na páxina www.clarin.com hai unha nova do ano 2013 onde se fala deste tema que estamos a tratar. Nela comentase que os xoves cada vez estanse interesando máis pola docencia o que fai que se pregunte se esta profesión é realmente vocacional.

Tendo toda esta información prantexome a seguinte cuestión hoxe en día a docencia é realmente vocacional para todos ou a maioría daquelas persoas que a exercen ou están estudando para nun futuro ser profesores? Inflúe este cambio  no noso sistema educativo, na educación? É unha vantaxe ou unha desvantaxe que xa non sexa unha profesión tan vocacional como antigamente?

Na miña opinión e tendo en conta toda a información consultada creo que cada vez existe menos vocación nesta profesión docente. Isto pode verse nas aulas dos nosos centro educativos. Isto supoño que se debe a que moitos estudaron ou estudan esta carreira porque consideran que é un traballo fixo e iso ten moitas vantaxes para eles. Pero realmente é beneficioso? Considero que non, porque se non sentes esa “chamada” a docencia, dificilmente vas a poder ter as habilidades necesarias para facer fronte as dificultades que se poidan presentar no camiño. Con isto non quero dicir que unha persoa sen vocación non poida afrontar os problemas ou cambios que se dan no seu traballo, senón que como non se senten realmente identificados con esa profesión chegará un dia ou incluso dende o primeiro momento que non se sentan motivados nin interesados.

Outra pregunta que se me pasa pola cabeza é se as persoas coñecen o significado real da vocación. Consideran que teñen vocación porque lles gustan os nenos? Iso pode considerarse vocación docente? Non o creo. A calquera persoa lle poden gustar os nenos, pero iso non quere dicir que poida ser un bo profesional da educación. A vocación é algo máis ca un sentimento, require certas habilidades e actitudes nese ámbito. É a diferenza do que pensen moitos a profesión docente é moito máis que ensinar un temario. Un bo docente, con vocación, consegue que os seus alumnos estean motivados por aprender e coñecer cousas novas, afrontas as dificultades e os cambios, séntense motivados  co seu traballo, involúcranse no que fan…

Se cada un de nos votamos unha ollada aos nosos anos como alumnos seguramente podemos diferenciar que profesores exercían esa profesión por vocación e cales non.

Esta é a miña reflexión sobre a vocación na actualidade. Que pensades vos? Considerades que a vocación é importante para exercer a docencia? Pensades que para que a educación do noso sistema educativo sexa óptima deberíamos fomentar esta vocación? Pode ser a falta da educación un dos problemas dos centros educativos?

 

Si alguén está interesado en ler o artigo que vos mencionei, déixovos a continuación o link, pero tamén intentarei deixarvos en arquivos o pdf.

http://www.lasalle.es/arlep/es/cpropio/documentacion/documentoseducarhoy/ARTICULO%20COMPLETO...126.pdf

Outras páxinas consultadas para a realización desta entrada foron: