Profesores/as en conflito

 Neste blog estiven falando da situación do profesorado na actualidade, por iso esta nova entrada estará dedicada ao motivo dos conflitos actuais aos que teñen que facer fronte o profesorado e que fan para solucionalos.

Comezarei facendo un resumo da nova do xornal El País, a cal traballamos na clase. Nesta nova Los profesores de Baleares vuelven a clase tras 15 jornadas de huelga, falase de que o profesorado suspende a folga indefinida trala asemblea que se levou a cabo en Mallorca. Pero o goberno de Baleares (PP), non accedeu as demandas sobre o novo modelo educativo trilingüe (catalán, castelán e inglés). Polo tanto a pesar de que a folga foi suspendida o profesorado segue tendo as mesmas queixas.

O final esta folga de quince días non tivo éxito, xa que se implantará o trilingüísmo e será obrigatorio e universal en tres cursos da ensinanza primaria e segundo ciclo de infantil, mentres que na secundaria só nun curso e será de carácter voluntario.

Partindo desta nova e buscando información sobre este tema a orixe desta folga foi motivada polo decreto do Goberno Balear sobre o trilingüismo. O seis de setembro  de 2013 aprobouse o TIL, xuto unha semana antes do comezo das clases, polo cal o profesorado non contaba co tempo necesario para prepararse é facer fronte a este novo decreto. Con este novo decreto, remata o decreto de mínimos, non cal se establecía que o 50% das clases tiñan que ser en castelán, aumentan as horas de clases dos docentes, non se cobren as baixas, elimínanse programas de educación especial e persoas en risco. Esíxese apoio para os docentes non preparados en inglés.

Os axentes implicados son a Asemblea de docentes, alumnado, partidos, sindicatos, FAFA Mallorca e APIMAS, CC.OO., STEI, trinta Concellos e os distintos medios que se fan eco da nova entre os que hai distintas opinións.

Como en todo, neste tema hai diferentes opinións e a continuación farei un recorrido sobre elas.

En primeiro lugar déixovos a continuación unha imaxe que apareceu no país onde resumían de forma gráfica os resultados da folga.

 image

En outubro de 2013, Público.es publica unha nova sobre a marea verde de Baleares. Aparece reflexado que os pais e os profesores/as tamén protestan porque non se tivo en conta a súa opinión e máis nin sequera puideron participar e decidir sobre a educación, por iso un dos lemas da manifestación era “Contra ala imposición, defendemos la Educaión”. Tanto pais como profesores/as consideran que se están vulnerando os seus dereitos con este decreto para dar a súa opinión e decidir sobre a educación dos colexios. A isto hai que aumentarlle o problema de que a ratio de alumno por profesor aumentou, falta de sustitucións e os recortes de transporte escolar e comedor entre outros.

Na Vangardia.com  exponse que nunha das concentracións que se fixo en Palma conta o novo decreto participaron máis de 90.000 persoas. Nesta manifestación participaron docentes, pais e nais do alumnado e os sindicatos. Nela escoitaronse e leronse lemas como: “Por una educación pública de calidad”, “No tenemos miedo, nosotros somos la mayoría gritona”, “Si los docentes adoctrinasen, vosotros no gobernaríais” e “No a la imposición, si a la educación”. Ese día, o hashtag #29StotsSomDocents foi trnding topic nas redes sociais. Esta foi a maior manifestación de Baleares.

No Mundo o 14 de setembro de 2013, aparece recollido que na semana seguinte o profesorado faría unha folga na que o que pretendía era demostrarlle ao Goberno que sen ter en conta a opinión do profesorado nada funcionará correctamente. Din que nun comunicado a Asamblea intentaría que a Consellería da Educación, Cultura e Universidades minimizaran o seguimento da folga. Aseguran que o que se pretende coa folga é mellorar a calidade da educación. Asemade a Asamblea dixo "Como asamblea de trabajadores, nuestra convocatoria está avalada por más de 5.000 firmas, que equivalen a la mitad de la plantilla. Queremos dejar claro que los docentes de nuestras islas queremos poder participar directamente de cualquier negociación o decisión que se tome sobre esta huelga y que, ignorando esto, la única cosa que hace la Conselleria es aumentar el problema que ahora mismo tiene entre manos".

Cinco días máis tarde neste mesmo medio de comunicación, aparece unha nova en contra da marea verde. Aseguran que os nenos/as están sendo utilizados para alargala folga, os profesores/as pídenlles aos alunmos/as que non vaian a clase ou téñenos no patio todo o día, tamén lles piden que fagan redaccións en contra do TIL. Nesta nova aparecen moitas acusacións e testimonios do que se fan nos centros para desmotivas aos nenos/as e que estes non queiran ir a clase.

Webgrafía consultada: