• Blogs
  • Noelia
  • Comparación sobre a LOE e a LOMCE en canto o profesorado.

Comparación sobre a LOE e a LOMCE en canto o profesorado.

En primeiro lugar cabe destacar que mentres que na LOE existe un apartado dedicado ao profesorado (Título III), no caso da LOMCE isto non sucede.

Na LOE establécense que as funcións do profesorado son a programación e ensinanza das materias, a avaliación do proceso de  aprendizaxe, titorizar ao alumnado,  deben proporcionar unha orientación profesional, académica e educativa ao alumnado, debe prestar atención ao desenvolvemento intelectual, afectivo, psicomotriz, social e moral do alumnado, etc. No capítulo II deste Título faise referencia sobre as distintas ensinanzas. En primeiro lugar fálase do profesorado de educación infantil, estes deben ter o título de Mestres especializados en educación infantil. En canto ao profesorado de educación primaria deben ter o título relativo a Mestre de educación primaria, este profesorado terá competencia en todas as áreas deste nivel excepto en música, educación física e idiomas estranxeiros que serán impartidas por mestres con esa especialización.

Na LOMCE aparece reflexado que se as Administracións educativas poderán incorporar expertos en linguas estranxeiras como profesorado en programas bilingües ou trilingües o que supón unha perda de emprego para outros profesores e incluso. En educación primaria  a materia de educación  artística pasa a ser optativa. Na ESO as materias de Tecnoloxía, Música e Educación Plástica e visual pasarán a formar parte do bloque de asignaturas de configuración específica optativas, é dicir, a  súa oferta dependerá da programación da ofertaeducativa da cada Administración. En canto ao bacharelato, asignaturas obrigatorias para rán a ser optativas. O profesorado especialista deberá atender ao deseño, coordinación e supervisión da práctica diaria deportiva de exercicio físico de todo o alumnado, o que supón unha maior carga de traballo.

Considero que é un erro elaborar unha Lei onde non se dedique un apartado concreto ao profesorado cando este é un factor imprescindible na educación. Unha lei educativa nunca chegará a  alcanzar o seu éxito se non se ten en conta as persoas que a teñen que levar a cabo, e neste caso son os profesores/as. Si estes non se senten involucrados non estarán motivados e moito menos se co cambio de lei o que se producen son desvantaxes cara este colectivo.

Que opinades vos sobre a LOMCE?

Bibliografía consultada: