• Blogs
  • Noelia
  • Artigo de J.Estevez “Nuestro sistema educativo no es un desastre”.

Artigo de J.Estevez “Nuestro sistema educativo no es un desastre”.

Neste artigo, Estevez analiza a disxuntiva entre o prestixio do sistema educativo e dos docentes e a imaxe que se da deles nos discursos políticos.

No caso dos medios de comunicación, dáse unha imaxe bastante mala do sistema educativo, a maioría das novas que aparecen fan referencia a conflitos nas aulas, ao fracaso escolar, problemas coas linguas estranxeiras e cando nos comparan con outros países tampouco mellora a situación. É dicir, en xeral cando sae novas relacionadas coa educación soen ser negativas. E isto sucede tamén dende o punto de vista político, que ten unha visión de fracaso en canto a educación.

Este autor, en cambio defende o prestixio dos docentes. Considera que a sociedade valora o traballo que realizan.

Considero que é normal que os políticos teñan unha visión negativa da educación xa que vivimos nun país no que se cambian as leis educativas con moita frecuencia. E isto provoca que non se asenten as leis e polo tanto que os resultados non sexan os que se desexan. Para saber se unha lei pode obter os resultados que se pretenden coa súa implantación, debe estar máis dunha lexislación.

En canto a visión que se ten do profesorado, teño que dicir que eu considero que si existe esa visión negativa do profesorado. Isto débese a que cada vez se lles adxudican máis tarefas as cales teñen que facer fronte no mesmo tempo. Por exemplo hoxe en día o profesorado debe facer fronte as cambios de familias (existen familias deestructuradas, monoparentais, novas familias…), a convivencia de diferentes etnias, as novas tecnoloxías, a masiva información que temos na actualidade, entre outras. A isto engádeselle que a relación entre as familias e o profesorado e case inexistente e cando se da soe ser sempre para as cousas malas (cando un alumno/a fixo algo malo, cando saca malas notas, pero tamén).

Como conclusión, dicir que dende os medios de comunicación e dende as políticas educativas, débese potenciar unha visión máis realista sobre o sistema educativo. E tamén se debería buscar o método para que a comunicación entre os centros educativos e as familias sexa máis frecuente. Por exemplo, poderían comunicarse de forma regular a través do correo electrónico, xa que en moitas familias resulta difícil acudir en horario escolar a falar co profesorado polo seu traballo. Polo tanto é unha tarefa de toda a sociedade conseguir que isto mellore, xa que a educación é moi importante para esta.