• Blogs
  • Noelia
  • Análise do plan de formación do profesorado da Xunta de Galicia

Análise do plan de formación do profesorado da Xunta de Galicia

Os criterios de admisión para as actividades de formación docente que aparecen reflectidos neste plan son que o profesorado debe pertencer a centros financiados con fondos públicos, existen uns criterios de prioridade como a antigüidade, o profesorado debe pertencer ao ámbito do CAFI, debe impartir a área ou materia a que se dirixe a actividade de formación, debe ser funcionario de carreira, funcionario en práctica ou persoal interino.no poderán participar nestas actividades aquelas persoa que participasen en anos anteriores ou están de baixa ou incapacidade laboral transitoria.

Estas actividades de formación serán avaliadas para mellorar acción formativa. Esta avaliación xirará entorno o deseño e organización da actividade, a participación na actividade, os contidos, metodoloxías, recursos e a consecución dos obxectivos.

Unha vez que esta actividade formativa remata, o profesorado recibirá un certificado que terá en conta a participación activa e a realización das tarefas, si as actividades son presenciais establecerase un control de asistencia (obrigatorio asisitir o 85% do total).

Neste plan de formación favorecese a libre elección por parte do profesorado a que escollan as actividades que desexen realizar, pero co condicionante de que estean vinculadas coas tecnoloxías, coa comunicación e cos linguas estranxeiras. Asemade, fundamentase un plan de mellora das bibliotecas para que estas tamén integren as TICs.

Considero que o profesorado se debería formar en relación as TICs xa que son imprescindibles na sociedade na que vivimos.

Neste plan de formación tamén se fai referencia aos Programas de Aprendizaxe Permanente.  Fálase de catro programas. O primeiro é o “Comenius”, centrando dende a educación infantil ata a educación secundaria. As accións están centradas en proxectos e redes miltilaterais. Outro programa e o “Leonardo Da Vinci”, centrado na Formación Profesional, excepto no nivel terciario. As súas accións están centradas sobre todo en proxectos de mobilidade, multilaterais, accións Leonardo e visitas preparatorias e Seminarios de contacto. O “Grundtvig” centrase nas necesidades da ensinanza e aprendizaxe de todos os implicados na educació de persoas adultas.

 E por último “Erasmus”, centrada na Educación Superior formal e Grao Superior de formación permanente. Tratase de reforzar a contribución dos sectores educativos ao proceso de innovación e facilitalo desenvolvemento das prácticas innovadoras na educación e formación.