• Blogs
  • Doa
  • Conectivismo e aprendizaxe na era dixital

Conectivismo e aprendizaxe na era dixital

   As TICs na ensinanza, a pesar dos recursos propios da web 2.0, séguense usando aplicadas ó modelo tradicional de ensino. Aínda así, ós poucos, fanse oco expresións como “Rede de aprendizaxe” ou “sociedade do coñecemento” pois a rede convértese nun novo entorno no que compartir e adquirir aprendizaxes.

   En relación co coñecemento compartido George Siemens desenvolveu unha teoría da aprendizaxe para a era dixital, coñecida como Conectivismo, como resposta ás limitacións do Conductismo, o Cognitivismo e o Constructivismo. A través desta teoría pretende explicar o efecto que as TICs teñen sobre a forma na que as persoas se comunican e aprenden. Siemens está afiliado ó Instituto de Investigación do Coñecemento Mellorado pola Tecnoloxía (TEKRI) na Universidade de Athabasca. Estuda os medios sociais, a planificación, investigación e implementación das tecnoloxías sociais de rede, centrándose no impacto sistémico e o cambio institucional.

   Segundo o Conectivismo, a aprendizaxe é un proceso de formación de redes, considerando unha rede como un conxunto de nodos de información elaborada e interconectada; na que o suxeito é un dos nodos que a compoñen. Estas conexións entre as diversas informacións, suxeitos, institucións e servizos é precisamente o que lle aporta riqueza. Polo tanto falar de Conectivismo sería falar de coñecemento emerxente, conectado e adaptativo.

   A explicación da aprendizaxe depende de como se explique o coñecemento, pero o que cambia con esta teoría pode que non sexa o a explicación do coñecemento se non o mesmo coñecemento, pois coa axuda das TICs coñecemos de outra maneira e, como consecuencia do crecemento da información en internet, adquirimos a capacidade para un coñecemento máis crítico.

   Aínda que a definición de “aprender” varía segundo as diferentes teorías, tendo en conta que o coñecemento non reside no individuo, se non nas interaccións do grupo; aprender non sería o enriquecemento do individuo se non o proceso polo que se incrementan as interaccións entre este e o grupo. Ó efectuar esta distinción entre “onde permanece o coñecemento” (no individuo) e “onde reside” (no grupo); pode determinarse que aprender dende o Conectivismo é un proceso a través do cal o individuo se enriquece a el e á propia rede.

   Para determinar cal é o coñecemento fiable tense en conta aquel avalado ou producido por unha autoridade “aceptable” (é dicir, por un experto), e/ou aquelas informacións validadas por un número significativo de suxeitos (expertos ou non). Aínda así en ocasións nós escollemos o criterio do grupo minoritario, porque coincide co propio. Escóllase o criterio que se escolla para seleccionar a información, como todo coñecemento reside no grupo, este será froito da colectividade, dos intercambios comunicativos que se xeran na web 2.0, xerándose así a intelixencia colectiva.

   Dende o meu punto de vista, o conectivismo ten unha serie de vantaxes que se poden resumir da seguinte maneira: o coñecemento está enriquecido por unha variedade e diversidade de opinións e de fontes de información especializadas; o que implica tamén a creación dun saber máis crítico. Así meso fomentase a capacidade de ver e construír conexións entre áreas, ideas e conceptos. Ademais a toma de decisións sobre a información a escoller e como relacionala, constitúe en si mesma un proceso de aprendizaxe.

   Por outra banda existe unha característica que non sabería se clasificar como vantaxe ou desvantaxe: a chegada da información ás persoas é moi inmediata, e polo tanto tamén queda obsoleta moi rapidamente. É beneficiosa esta rápida difusión? Ou precisamos un coñecemento máis estático e sólido?


  WEBGRAFÍA.