Aquilo que se debe aprender

Reflexión sobre unha frase do libro “Enriquecer la enseñanza” de Mariana Maggio

 

Logo da lectura dalgúns capítulos seleccionados por min do libro “Enriquecer la enseñanza” de Mariana Maggio, propúxenme saber un pouco máis desta profesional, que tan atractivo discurso ten para min. Descubrín algunhas cousas moi interesantes neste libro, que me invitaron á reflexión sobre aspectos que xa con anterioridade tiñan pasado pola miña mente. Unha das citas que máis me chamou a atención (Páx. 47) é a seguinte: 


La tradicional aproximación a aquello que se ha de aprender como la acumulación de un largo repertorio de hechos y rutinas (Perkins, 1995) además de no ayudar a la profundidad suele difuminar las diferencias. En versiones más perversas todavía, la diferencia está clara porque se deja lo “nuevo” para la última unidad que además es, seguramente, la que no se llega a desarrollar en clase por falta de tiempo”.

Concordo completamente con esta frase e, botando a vista atrás, podo ver que durante toda a miña educación básica e secundaria, este foi o proceso levado a cabo pola maioría dos profesores das materias das cales fun alumno. Estamos ensinando dende un punto tan alonxado da realidade que os alumnos viven e perciben, que a educación e as clases resultan aburridas, distantes, incoherentes, pouco interesantes e motivadoras, etc. É unha realidade que os temas máis novidosos, interesantes e de actualidade sempre se deixan para o final e que, en moitas ocasións, nin chega o tempo para tratar istos. Sempre xorde a pregunta no alumno: e isto qué ten que ver coa vida? coa realidade? co que eu vou vivir ahí fóra, no mundo?. É un aspecto moi importante que deberíamos de considerar todos os pedagogos e docentes, porque canto máis achegues os temas a tratar nas aulas á realidade das persoas que van a recibir esos temas, maior capacidade de éxito, de manter a atención, de que os alumnos se queden con algúns aspectos do tratado na aula, de que ao salir da aula se interesen en buscar máis información sobre estos. 

Por outra banda e máis en concordancia coa frase da autora, unha das mellores formas de motivación e de traballo é a que se centra no propio proceso. Se nos limitamos simplemente a acumular un número de artigos ou de temas ou saberes creados por outros, atoparémonos con unha pila enorme de información que o profesor primeiro selecciona, e os alumnos logo deben aprender. Isto resulta cansante, desmotivador, pouco atractivo e, en definitiva, moi pouco efectivo. A maioría dos temas que se transmiten na escola son susceptibles de unha programación máis relacionada con experimentar do que se está falando e que os propios alumnos sexan quenes guíen os temas e o desenvolvemento dos mesmos. Esta é unha das claves, ao meu parecer, para conseguir a tan complicada motivación nos alumnos, para acadar a atención e o seguimento das clases, e para facer das aulas e das escolas un lugar ao que vaiamos cada día con ganas de ver que é o que imos facer de novo, qué reto nos presentará o profesor, en qué aventura nos embarcaremos, en vez de pensar nun pupitre, un libro de texto, e un profesor falando de asuntos os cales parecen ter nada que ver coa nosa vida, a nosa realidade e as nosas motivacións e intereses. 

Ademáis, penso fírmemente que este tipo de educación acumulativa da que está a falar a autora, non fai máis que homoxeneizar á poboación, aos alumnos, de forma que estas prácticas propician que os alumnos pensen, actúan e xulguen igual, e non promoven que cada persoa teña o seu propio criterio e autonomía.