Novos alfabetismos e a brecha dixital

Novos alfabetismos: decidido a abordar unha das temáticas principais que vertebran os contidos da materia “Tecnoloxía Educativa”, tratei de comezar a ler o libro Nuevos alfabetismos. Su práctica cotidiana y el apredizaje en el aula, de Colin Lankshear e Michele Knobel.” Tratei de seleccionar os capítulos máis importantes, pero pronto comecei a darme conta de que me estaba a costar máis do normal entender estos capítulos. Este libro en concreto, precisa da lectura completa para empaparse do concepto e teorías sobre as novas alfabetizacións, e non tiña tempo suficiente porque ademáis a súa literatura estaba a resultar un tanto máis complexa que a do resto de libros da materia que estou lendo. Agobiado e un pouco decepcionado por non ser capaz de entender este libro, decidín facer uso da Rede para tratar de adentrarme na temática e comprender de qué me estaban a falar cando se referían a Novos Alfabetismos. Estaba a ser un tanto difícil, demasiada información, demasiados termos descoñecidos para min, etc. Tamén revisei escritos nos blogs dos compañeiros de clase, pero supoño que a ausencia nesta materia estaba a pasar factura (de novo) para min ao atoparme con un coñecemento que desborda o meu punto de partida. 

Logo de atopar uns cantos artigos, a través de Google, que tampouco comprendía, din con un apartado do portal do goberno de canarias onde atopei este artigo, “¿Por qué educar con TIC? Las nuevas alfabetizaciones del siglo XXI” de Manuel Area Moreira,  Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Facultade de Educación da Universidade da Laguna (España) que me fixo sacar un sorriso e volver a poñer en funcionamento o meu cerebro, estancado e angustiado por ter a sensación de non estar a entender nada acerca das novas alfabetizacións. Este é o enlace ó artigo ao que me estou a referir: 

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/ecoescuela/blog/2011/05/20/por-que-educar-con-tic-las-nuevas-alfabetizaciones-del-siglo-xxi/

 

“Los datos estadísticos de los últimos años atestiguan un notable incremento en la disponibilidad de la telefonía móvil, en el acceso a las computadoras e Internet o en los servicios de televisión digital no sólo en nuestro país, sino en el conjunto del planeta. Pero una cosa es la utilización de las tecnologías/máquinas y otra bien distinta es un uso inteligente y culto de la información y comunicación a través de las mismas.” 

 

Parece que aquí pode estar a raíz do problema. Cada vez achéganse máis os medios pero, asemella que non as claves para usar estos medios. Estanse a ampliar as fronteiras das tecnoloxías en canto a facelas máis accesibles á población, pero non se lles está dando as pautas á poboación de como facer uso destas. 

 

“Cada vez son más baratas, asequibles y de fácil manejo. Sin embargo, las diferencias vendrán dadas por lo que las finalidades y naturaleza de su uso. Aquellos grupos sociales con alto nivel formativo las emplearán con fines vinculados con la inteligencia y conocimiento colectivo. El acceso a la tecnología por parte de los individuos y grupos sociales sin la formación adecuada llevará a usos mecánicos o carentes de relevancia cultural, lo que provocará que los mismos sean más vulnerables a la dependencia tecnológica.”

Este párrafo resúltame verdadeiramente interesante. Baixo a miña opinión, este é un dos problemas máis grandes que se nos presenta coa evolución e creación de tecnoloxías. Só unha porcentaxe da poboación está preparada para facer un uso en prol da intelixencia e o coñecemento colectivo. Poderíamos exemplificar aquí o uso da rede por parte de universitarios que están a realizar un traballo de investigación e atenden a fontes, documentos, investigacións similares, publicacións na materia, etc, para poder construír eles mesmos coñecementos e ir un paso máis alá. Da outra banda poderíamos poñer a un cidadán que non rematou a ESO e traballa de mecánico nun taller e tan só use a rede para facer uso de redes sociais ou para xogar online. Non estou dicindo que sistemáticamente uns teñan que facer un bo uso da tecnoloxía e outro un mal uso, nin que sexa así de todo, pero poderíamos servirnos de este exemplo para tratar de visualizar na realidade a teoría que Manuel Area nos plantexa neste artigo. A realidade que eu vivo no día a día no meu pobo é que moi pouca xente chega á universidade. Por poñer un exemplo que eu coñezo de primeira man, da miña clase de ESO, de 25 alumnos tan só chegamos 5 á formación universitaria. Dubido moito (e tamén por experiencia e porque teño moitos amigos do meu pobo que traballan de mecánicos, ou de camareiros, ou de mariñeiros) que este colectivo de xente que ao mellor non supera a ESO, ou que en canto remata se suma ao mercado laboral, teñan as claves para poder aproveitar a rede en beneficio da súa práctica traballando ou para crear coñecemento. E non o dubido por ter prexuizos, senon porque día a día vexo cómo incluso a moitos dos universitarios que me rodean, lles custa dar este paso ou facer un bo uso das tecnoloxías para tratar de transformar a realidade ou crear coñecemento, ou solucionar problemas do día a día grazas ás tecnoloxías. 

 

La educación, sea en escenarios formales como las escuelas o no formales como las bibliotecas, los centros juveniles, los culturales o los telecentros, además de ofrecer un acceso igualitario a la tecnología debiera formar (o alfabetizar) a los ciudadanos para que sean sujetos más cultos, responsables y críticos ya que el conocimiento es una condición necesaria para el ejercicio consciente de la libertad individual y para el desarrollo pleno de la democracia. “

 

Chegados a este punto é no que penso que empezo a entender o concepto de alfabetismo. E aquí tamén empezo a darme conta da relación que ten coa brecha dixital. Parece que cando falamos da brecha dixital, o primeiro que se nos vén á cabeza é o acceso ás redes. Nada máis lonxe da realidade, acabo de atoparme con que a brecha dixital tamén é algo que se da nas mesmas zonas xeográficas, con idénticas conexións a internet, con idénticas máquinas e con idénticos programas e software. Cal é a diferencia entón? Parece claro que, unha vez máis, o problema está na educación. Ensinamos a manexar as ferramentas pero non ensinamos a ver máis alá das ferramentas e dos portais. Acórdome aquí dunha frase que leín nun artigo que una compañeira de clase (María Mayán) colgou, e que me chamou moitísimo a atención, apuntándoa na miña lista para tratar de desenvolvela, e que creo que pode encaixar perfectamente neste momento deste artigo de reflexión: 

 

“Ahora bien, en la sociedad de Internet, lo complicado no es saber navegar, sino saber dónde ir, dónde buscar lo que se quiere encontrar y qué hacer con lo que se encuentra. Y esto requiere educación. En realidad, Internet amplifica la brecha social más vieja de la historia, que es el nivel de educación. Que un 55% de españoles adultos no haya completado la educación secundaria, ésa es la verdadera brecha digital.” (no blogue http://asesoriapedagogica.ffyb.uba.ar/?q=node/466

Sí, creo que o vexo moito máis claro. Os novos alfabetismos e a súa extensión deberían vir a solucionar en parte o problema coñecido como a “brecha dixital”. Parece que non estaba moi desencamiñado co exemplo que trataba de poñer ao principio deste escrito.

 

 

posean habilidades de búsqueda, selección y análisis de la múltiple información disponible en la web; adquieran criterios de valor que permitan a éstos discriminar y seleccionar aquellos productos de mayor calidad e interés cultural;  aprendan a comunicarse y colaborar en las redes sociales; estén cualificados para producir y expresarse a través de documentos de naturaleza audiovisual e hipertextual; sepan sacar a la luz los intereses económicos, políticos e ideológicos que están detrás de toda empresa y producto mediático; así como que tomen conciencia del papel de los medios y tecnologías en nuestra vida cotidiana.”

 

A verdade e que, rematado o artigo de Manuel Area quédanme un feixe dúbidas. Non dúbidas sobre o tema tratado senón sobre a posibilidade de chegar a implantar medidas ou dictar normas para chegar a alfabetizar á poboación. E, de ser así, de ser capaces de chegar a alfabetizar, por exemplo, á maioría da poboación española, canto tempo se tardaría? Quedarían obsoletas as tecnoloxías para as cales estamos tratando de alfabetizar antes de conseguir alfabetizar á maioría da poboación? xurdirían novos códigos e novas realidades, e con isto novas brechas?


Webgrafía: