Sobre a homenaxe a Xosé Filgueira Valverde no día das Letras Galegas 2015

En relación á entrada da compañeira Laura Troitiño, "quen dixo que a lingua non estaba unida á tecnoloxía?" gustaríame traer esta reflexión. Non ten moito que ver coa tecnoloxía educativa, pero penso que é de suma importancia que coñezamos ben ás figuras ás cales se lles adica esta data e esta homenaxe tan importante para a cultura e lingua galegas. 

Penso que é un erro moi grave adicarlle o día das Letras Galegas (dos galegos que emigraron, dos galegos que morreron por falar galego, dos galegos que tiveron que ocultar a súa lingua nai, dos galegos que estiveron reprimidos polo franquismo, dos galegos aos que os españois chamaban paletos, etc) a un colaborador do réxime franquista, alcalde de Pontevedra durante a ditadura e procurador nas cortes. Persoalmente, e así o pensan moitos intelectuais galegos e moitas organizacións gracias ás cales se está preservando a cultura e a lingua, penso que é un tremendo erro adicar este día a unha persoa que traballou nunha das organizacións que máis persigueu o galego, a cultura e aos galegos. Paréceme que este acto é, como a vella expresión di, "meter o raposo no galiñeiro". 

 "si la lengua gallega está viva y cuenta con una rica producción literaria y cultural es gracias a las personas que sufrieron la represión del régimen del que formó parte Filgueira"

Aquí comparto a nova na que a Mesa pola Normalización Lingüística critica a decisión da RAG. 


http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/07/06/mesa-rechaza-homenaje-xose-filgueira/1053723.html