Unha nova materia: Formación e desenvolvemento profesional do profesorado.

Neste último e cuarto ano da miña segunda carreira empezo a coñecer unha nova materia que leva por título Formación e desenvolvemento profesional do profesorado. Nesta materia adéntrome na rede social Stellae, onde moitas veces tiven a oportunidade de escoitar falar dela, pero nunca de publicar ou mesmamente por así dicilo, ser unha ferramenta de avaliación, como vai a establecerse neste curso académico 2014-2015.

Despois de levar dúas sesións expositivas de dita materia e de ler o seu programa,pódese dicir que o centro desta materia é a Rede social Stellae, a cal eu penso que é unha metodoloxía didáctica, dinámica, retroalimentaria, interactiva e mesmamente un pouco liberalizada, tendo en conta  que compartimos información co fin de ter unha avaliación, pero tamén co fin de retroalimentarnos da información dos nosos compañeiros e aprender uns dos outros; de maneira liberal vas publicando entradas, iso sí de maneira responsable e continuada intentando demostrar a constancia, o traballo e o entusiasmo en aprender e poder chegar con éxito ao fin.

Dende o meu punto de vista, e como futura profesional da Educación, paréceme relevante ter en conta as novas tecnoloxías como método de ensino-aprendizaxe ou mesmamente como unha ferramenta principal para o desenvolvemento ou avaliación de diversas materias, xa que penso que todo profesional debe seguir formándose ao longo da súa vida académica e mesmamente tendo en conta que vivimos na chamada sociedade do coñecemento, a cal é unha sociedade cambiante e en pleno auxe de aprendizaxe das TICs.

Comentarios

  • Angela Rodriguez

    Buenas Carla!

    Estoy de acuerdo contigo en que Stellae es una metodología dinámica, interactiva, retroalimentaria etc. En mi opinión nos permite expresarnos con total libertad ya que no está establecida ningun tipo de pauta a la hora de escribir, es decir, sin ningun tipo de censura. Este hecho nos ayuda a fomentar más nuestra creatividad y buscar información sobre temas que nos interesan de una manera libre. 

    Interesante reflexión! Un saludo :)

  • Carla Deira Noya

    Gracias Angela! un saludo :)