Estereotipos de xénero.

Onte unha compañeira plantexaba o interrogante de por qué nos atopábamos con máis mestras que mestres durante a etapa de Educación Infantil e surxiu o tema dos estereotipos de xénero. Acabo de atopar no xornal El País un artigo interesante que nos da un exemplo desta clase de estereotipos en relación á roupa de neno e nena. Comparto o enlace con vos coa intención de reflexionar sobre este feito e intentar chegar á raíz do problema das profesións diferenciadas para homes e mulleres.

 

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/09/26/actualidad/1411726737_372955.html

 

Un saúdo a todos!

Comentarios

  • Angela Rodriguez

    Moitas grazas polo teu interese neste tema Sabela, a verdade e que a noticia é unha vergoña. Hay moita xente que di que hoxe en día xa existe igualdade entre os xéneros...nada máis afastado da realidade, esta noticia como moitisimas cousas máis demostranos que nos queda moito por facer como profesionais da educación que somos. E aqui entraría a figura dos mestres que son quenes educan as xeracións dende un principio, e quenes deberían transmitir os valores de igualdade. Moitas veces os mestres inconscientemente transmiten uns valores ós alumn@s no seu proceso de ensino apredizaxe na etapa infantil por exemplo nas temáticas das prendas de vestir, dos xoguetes das profesions… Por eso considero que esta asignatura pode moi interesante para dende ela solucionar este tipo de problemas.

    Grazas pola túa aportación! Un saúdo.

  • Sabela Antepazo Nogueira

    Estou completamente dacordo contigo.

    Moitas grazas pola túa resposta :)

  • Gabriela Díaz Rodríguez

    Eu tamén estou de acordo con Ángela. É a educación dende logo a que se debe adicar a romper con estas barreiras coas que aquí nos atopamos, para non sorprendernos de artículos tan ridículos e que por outro lado, deixanos ver o lado negativo da realidade na que estamos sumerxidos. Considero que os profesionais da educación, os futuros e os presentes, deben encargarse de transmitir eses valores transversais que tanto enriquecerán e enriquecen á nosa sociedade. Un saúdo.

  • Lourdes Montero

    Os estereotipos están en nos de modo inconscente, de onde o valor de coñecernos a nos mesmos como persoas, como profesionais da educación, como docentes.  Non se erradican sen mais, son fruto dunha socialización primaria e secundaria, por iso é necesario estar alerta e traballar na formación do porfesorado a prol de valores de igualdade e equidade.

    Saudos

    Lourdes

     

    Lourdes

  • Olaia Gude Urdangarín

    Boas!

    Como todas dicides, estes estereotipos é certo que están aí, pero pódese rachar con eles dende a educación das novas xeracións, pero para iso, é preciso que os mestres sexan conscientes desta situación, a partir dunha formación que dea lugar á reflexión.

    Un saúdo!